Skip to Content

Dilemas morais co alumnado de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Primaria debaten guiados polo mestre Manuel sobre diferentes dilemas morais. 

Tamén puideron dar a súa opinión o alumnado de 3º de primaria que asistía como público.

Belesar canta igualdade

Durante o mes de outubro o alumnado do centro recibiu distintas charlas relacionadas coa igualdade promovidas pola ANPA.

Ademais os alumnos de quinto e sexto escribiron a letra dunha canción que logo cantou o alumnado de 3º a 6º e froito diso, naceu este precioso vídeo. Esperamos que vos guste!

 

Camiñando pola Prehistoria

No noso proxecto "Camiñando pola Prehistoria" xa levamos a cabo 2 obradoiros, aquí tedes os vídeos dos mesmos!

- Vídeo da formación dos clans

- Vídeo coas fotos do día da excavación

- Vídeo documental sobre o día da gravación

Radio Efemérides

Comeza Radio Efemérides, un xeito de estar informados sobre multitude de curiosidades sobre a historia. A través das efemérides aprendemos vocabulario, expresión oral, e activamos un sin fín de diversas curiosidades sobre o mundo no que vivimos.

"Radio Efemérides" é unha actividade que ten pretensión de permanencia ao longo do curso. Trátase dun pequeno programa de radio diario que contén tres efemérides, un feito histórico, unha defunción e un nacemento. 

O obxectivo da actividade é múltiple. 

Por un lado trátase de que melloren a súa expresión oral; principalmente pronunciación, volume, claridade e fluidez. Estas son aptitudes que só se adquiren coa práctica sometida a revisión, quero dicir, que só escointándose son quen de identificar os seus puntos de mellora. Esforzámonos na aula por comprender o importante que é ler as efemérides varias veces para conseguir ler mellor, pero ás veces chámanos máis gravarnos e tirar cara adiante. Por iso *vai ser moi importante que lles poñades os programas na casa*, sobre todo nos que saen eles.

Outro obxectivo, pero menos importante, é acceder ao coñecemento anecdótico a través dunha excusa como pode ser o de "tal día como hoxe".

Agardamos chegar a poder cubrir tódolos días lectivos pero, sobre todo ao comezo, quizáis se nos pase algún. De momento temos catro programas.

 

Calendario escolar

SOS Planeta: a toda pastilla

Vídeo oficial do noso musical Guay

Abelliñas de Belesar (3-4 Anos 22/23)

As abellas de 3 e 4 anos cóntannos a vida na colmea

Actuacións da Semana Cultural

Velaquí os vídeos das actuacións da semana cultural!

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut