Skip to Content

"SOS Planeta: a toda pastilla" dende o backstage

Fai dúas semanas vivimos un momento moi emocionante, a estrea do noso musical “SOS Planeta: a toda pastilla”.

Comezamos os ensaios meses atrás en horario, tanto de mañá coma de tarde, e foi moi pouco a pouco que comezamos a ver resultados. Houbo momentos nos que pensabamos que non chegariamos a tempo, que non sairía ben, que faltaba motivación, moito cansazo...sen embargo, e tal como nos di a experiencia conseguimos chegar a actuación de Vigo case co musical completo, con erros, que nos axudaron a reflexionar para poder mellorar. Para a actuación en Baiona engadimos música en directo e, para o noso parecer, alcanzamos o máximo nivel das nosas actrices e actores.

Grazas a todos eles que esforzáronse moito para memorizar un guión longo, en mellorar as súas posicións no escenario, na vocalización e expresión facial...

Grazas ás familias por colaborar en que a maioría deles acudise a todos os ensaios.

Grazas ao público que acudiu ao auditorio a gozar do espectáculo: EEI Areal e CEP Sabarís, familiares, amigos...

Grazas ás profes que colaboraron con nós en todo momento: as súas titoras e especialistas, aos que ás veces lles pedíamos algúns dos seus ocos para ensaiar; aos profes Pablo e Iria que nos axudaron coas luces e son; ao resto de compañeiros/as que soportaron momentos nosos de cansazo e desesperación con moita comprensión e cariño.

Grazas a nós mesmas, que como equipo, outro curso máis, xuntas, conseguimos sentirnos moi orgullosas e rematar este precioso proxecto extremadamente satisfeitas.

Deixamos un vídeo que reflexa o noso musical...dende o backstage!

Proximamente o vídeo oficial!

 




page | by Dr. Radut