Skip to Content

Consello escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

Estimadas familias:

Este ano correspóndenos renovar o membro representante das familias do Consello Escolar.

Animámosvos a que vos presentedes como candidatas e candidatos ás eleccións ao mesmo, xa que é un dos órganos de goberno do centro (o prazo comeza o 29 de outubro e exténdese ata o 8 de novembro do 2024). Debedes solicitar o impreso oficial para podervos presentar na secretaría do centro cando comece o periodo de presentación de solicitudes. Non se admitirán candidaturas fóra de esta data.

Para a súa realización é necesario constituir unha Xunta Electoral que vixilará este proceso e establecerá o calendario das votacións correspondentes.

Dita Xunta Electoral estará composta por:

-          Dirección do centro.

-          Docente do centro: elixido en sorteo público, con función de secretario ou secretaria.

-          Pai/nai/titor legal: elixido en sorteo público de entre todos os que compoñen a comunidade de familias do centro.

O sorteo da Xunta Electoral celebrarase o 18 de Outubro do 2024,.

Asemade, tal e como se establece na lexislación vixente, os membros integrantes da Xunta Electoral, para o desempeño das súas obrigas como tal, seralles de aplicación o artigo 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

CONSELLO ESCOLAR 2023-2024

Durante este curso 2022-2023, o Consello Escolar queda representado da seguinte forma:

Representantes dos mestres

Carmen García Martínez (proclamada nas eleccións do 2021).

María José Vilela Leira (proclamada más eleccións do 2020, adiadas ata o 2021)

Representante dos pais/nais/titores/as legais.

Sonia Novo Bouza (nomeada nas eleccións do 2020 (adiadas ata o 2021). 

Representante da ANPA “Os Carrís”.

Cristina Fernández Candales

Representante do Concello de Cerdido.

María Amalia Díaz Rodríguez

PROCLAMACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Rematado o proceso electoral para a renovación do Consello Escolar do CEIP da Barqueira, a Xunta Electoral proclama oficialmente os seguintes representantes:

Representantes dos mestres

Carmen García Martínez (proclamada nas eleccións do 2021).

María José Vilela Leira (proclamada más eleccións do 2020, adiadas ata o 2021)

Representante dos pais/nais/titores/as legais.

Sonia Novo Bouza (nomeada nas eleccións do 2020 (adiadas ata o 2021). 

Representante da ANPA “Os Carrís”.

Silvia López Gómez

Representante do Concello de Cerdido.

Patricia Martínez Santalla

 

Así, e a partir deste momento, comeza a funcionar o novo Consello Escolar.

 

 

A XUNTA ELECTORAL

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas Familias:

                      Como se vos comunicou anteriormente, a Xunta de Galicia ven de publicar unha resolución para levar a cabo a renovación dos membros do Consello Escolar.

                      Recordarvos que o Consello Escolar ten como funcións fundamentais as supervisar todas as actividades que se realizan no centro e no noso caso debe estar formado polos seguintes membros:

                      ◦ A directora do centro.

                      ◦ Dous representantes dos pais/nais/titores/as legais dos alumnos/as, un dos cales será proposto pola ANPA.

                      ◦ Dous mestres/as.

                      ◦ Un/unha representante do Concello de Cerdido, proposto por eles.

                      A fin de aclarar a organización deste proceso, informar dos seguintes puntos:

-       Este ano debemos renovar o/a representante das familias e dous representante dos/as mestres/as.

-       O prazo de presentación de candidaturas dos pais/nais/titores legais e docentes é do 4 ao 11 de novembro.

-       O Luns 15 de Novembro proclamaranse os candidatos e candidatas.

-       O Luns 22 de Novembro serán as eleccións tanto os representantes dos mestres/as, como dos pais/nais/titores legais, dende as 10,00 ata as 16,30 na aula de Música do centro.

-       O Martes 23 de Novembro proclamaranse oficialmente os membros que formarán parte do Consello Escolar.

Teñen dereito a votar ambos proxenitores/titores legais, poden votar os dous.

-                    O Censo electoral atópase exposto no taboleiro de anuncios do centro. Se non figurase nel debe presentar a reclamación oportuna para a súa inclusión.

-                    Poden ser candidatos o pai/nai/titor legal. As candidaturas deberán presentarse antes do día 11 de novembro, cubrindo a folla que se adxunta e entregándoa no centro.

De calquera maneira, as posibles dúbidas que teñades comunicádeas á Dirección do centro, que estará á vosa disposición.

Cerdido, 2 de Novembro de 2021.

A Xunta Electoral.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

Este ano correspóndenos renovar o membro representante das familias do Consello Escolar, tal e como se estipula na Resolución do 20 de setembro de 2021, dado que o proceso foi adiado o curso pasado (Resolución do 22 de outubro de 2020). Animámosvos a que vos presentedes como candidatas e candidatos ás eleccións ao mesmo, xa que é un dos órganos de goberno do centro (o prazo comeza o 4 de novembro e exténdese ata o 11 de novembro do 2021). As eleccións ao representante das familias do Consello Escolar realizaranse entre o 22 e 26 de novembro, e para elas é necesario constituir unha Xunta Electoral que vixilará este proceso e establecerá o calendario das votacións correspondentes.

Dita Xunta Electoral estará composta por:

-          Dirección do centro.

-          Docente do centro: elixido en sorteo público, con función de secretario ou secretaria.

-          Pai/nai/titor legal: elixido en sorteo público de entre todos os que compoñen a comunidade de familias do centro.

O sorteo da Xunta Electoral celebrarase o 27 de Outubro do 2021, mais o día 25 resordarémosvos o proceso do mesmo. Asemade, tal e como se establece na resolución citada ao inicio desta circular, os membros integrantes da Xunta Electoral, para o desempeño das súas obrigas como tal, seralles de aplicación o artigo 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut