Estimadas familias:
Este ano correspóndenos renovar o membro representante das familias do Consello Escolar, tal e como se estipula na Resolución do 20 de setembro de 2021, dado que o proceso foi adiado o curso pasado (Resolución do 22 de outubro de 2020). Animámosvos a que vos presentedes como candidatas e candidatos ás eleccións ao mesmo, xa que é un dos órganos de goberno do centro (o prazo comeza o 4 de novembro e exténdese ata o 11 de novembro do 2021). As eleccións ao representante das familias do Consello Escolar realizaranse entre o 22 e 26 de novembro, e para elas é necesario constituir unha Xunta Electoral que vixilará este proceso e establecerá o calendario das votacións correspondentes.
Dita Xunta Electoral estará composta por:
- Dirección do centro.
- Docente do centro: elixido en sorteo público, con función de secretario ou secretaria.
- Pai/nai/titor legal: elixido en sorteo público de entre todos os que compoñen a comunidade de familias do centro.
O sorteo da Xunta Electoral celebrarase o 27 de Outubro do 2021, mais o día 25 resordarémosvos o proceso do mesmo. Asemade, tal e como se establece na resolución citada ao inicio desta circular, os membros integrantes da Xunta Electoral, para o desempeño das súas obrigas como tal, seralles de aplicación o artigo 117 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.