Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

ARTIGO EDITORIAL TRASNO TROULEIRO

Pinchando no enlace podedes ver un artigo da revista educativa EDUGA sobre un dos proyectos que desenvolvemos todos os anos no cole: a Editorial Trasno Trouleiro. Esperamos que nos guste!!

EDITORIAL TRASNO TROULEIRO

EDITORIAL TRASNO TROULEIRO

Nos datos adxuntos tedes a mostra dalgúns dos libros que creamos no centro como parte da editorial Trasno Trouleiro!

Eperamos que vos gusten!!

OBRADOIRO DE ORATORIA

O MAR

O obxectivo desta actividade é que os nenos e nenas expliquen aos seus compañeiros e compañeiras as características dalgún utensilio relacionado co mar (pode ser o que se vos ocorra, antigo ou actual. Por exemplo: un anaco de rede, unha nasa, un peixe desecado, un anaco dun barco antigo, un remo, unhas gafas de buceo, un coral, unha tartaruga…).

Se trata de que expliquen a súa orixe ou data de aparición, o seu uso ou tipo de animal ao que pertence…

Deberán traer o obxecto á clase e poderán acompañalo de imaxes para practicar o seu discurso e practicalo un pouco na casa.

Cada luns un neno ou nena de cada clase terá que traer o seu obxecto para explicarllo ao resto dos compañeiros. Avisaráselles o venres e levarán un colgante simbólico para non esquecer esta labor.
 

Poñémosvos un pequeno guión do que se pretende para facilitar o traballo:
1-Saúdo e presentación: “Bo día, chámome…”
2-Nome do meu obxecto: “O obxecto que traigo é…”
3-Orixe: “Este obxecto fabricouse en…”, “Este tipo de animal aparece una terra…”
4-Descrición: “Está feito de…”, “É un animal invertebrado…”
5-Usos, formas de vida ou nalidades: “Serve para…”, “Viven en…”, “Gaña o equipo
que…”
6-Agradecementos e despedida: ““Moitas grazas pola vosa atención…”

OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA

O pasado 17 de novembro fixemos un obradoiro de animación á lectura, grazas a nosa ANPA. Pasámolo xenial!!

Distribuir contido


by Dr. Radut