Estimadas Familias:
Como se vos comunicou anteriormente, a Xunta de Galicia ven de publicar unha resolución para levar a cabo a renovación dos membros do Consello Escolar.
Recordarvos que o Consello Escolar ten como funcións fundamentais as supervisar todas as actividades que se realizan no centro e no noso caso debe estar formado polos seguintes membros:
◦ A directora do centro.
◦ Dous representantes dos pais/nais/titores/as legais dos alumnos/as, un dos cales será proposto pola ANPA.
◦ Dous mestres/as.
◦ Un/unha representante do Concello de Cerdido, proposto por eles.
A fin de aclarar a organización deste proceso, informar dos seguintes puntos:
- Este ano debemos renovar o/a representante das familias e dous representante dos/as mestres/as.
- O prazo de presentación de candidaturas dos pais/nais/titores legais e docentes é do 4 ao 11 de novembro.
- O Luns 15 de Novembro proclamaranse os candidatos e candidatas.
- O Luns 22 de Novembro serán as eleccións tanto os representantes dos mestres/as, como dos pais/nais/titores legais, dende as 10,00 ata as 16,30 na aula de Música do centro.
- O Martes 23 de Novembro proclamaranse oficialmente os membros que formarán parte do Consello Escolar.
Teñen dereito a votar ambos proxenitores/titores legais, poden votar os dous.
- O Censo electoral atópase exposto no taboleiro de anuncios do centro. Se non figurase nel debe presentar a reclamación oportuna para a súa inclusión.
- Poden ser candidatos o pai/nai/titor legal. As candidaturas deberán presentarse antes do día 11 de novembro, cubrindo a folla que se adxunta e entregándoa no centro.
De calquera maneira, as posibles dúbidas que teñades comunicádeas á Dirección do centro, que estará á vosa disposición.
Cerdido, 2 de Novembro de 2021.
A Xunta Electoral.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
10Convocatoria para familias.pdf | 226.46 KB |