Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

FESTIVAL DE NADAL 2009

O venres día 22 de deembro, celebraremos un festival ao que están invitados todas aquelas persoas, membros da comunidade educativa, que desexen acompañarnos.

O programa é o seguinte:

  • Chegada dos Reis Magos sobre as 11:30 da mañá. Recollerán as cartas cos desexos de todos as nenas e nenos do noso colexio.
  • A continuación iniciaremos o festival coas seguintes actuacións:                    
    • Representación da obra "A árbore de Nadal" a cargo do alumnado de educación infantil.
    • Os nenos e nenas  do primeiro ciclo cantarán as cancións "Os pastores" e "O Nadal é dar".
    • Interpretación da canción "Os Reis en camión" a cargo das alumnas e alumnos do segundo ciclo que tamén nos deleitarán co baile que leva por título "All I want for Christmas is you".
    • O alumnado de 5º e 6º de primaria achegaranos á moda cun desfile no que presentarán as últimas creacións de dous afamados modistos da zona.
    • Actuación do gran cómico Cristóbal Vellón.
    • Representación da obra teatral "O Nadal moderno"
  • Remataremos o festival coa entrega de premios aos gañadores do "XI CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL"
  • Despedida das Súas Maxestades que antes farán entrega a todos os nenos e nenas dun agasallo.
  • Ás 13:45 disfrutaremos todos dun xantar moi especial.

 

BO NADAL E FELIZ ANO 2010

 

EXCURSIÓN A MARCELLE

 

O martes dia 5 de Maio o colexio realizou unha excursión ao parque de natureza de Marcelle en San Martín de Guillar ( Outeiro de Rei), onde os rapaces desfrutaron dende as 11.30 horas da mañá ata casi as 17.15 horas da tarde das súas instalacións. Hai que destacar que o tempo foi excelente durante todo o día.

 A continuación vos propoñemos entrar na web do parque para obter maior información:     www.marcellenatureza.com

E para que desfrutedes tanto coma os nenos, aqui tedes unha selección de algúns dos animais que poidemos ver no parque:

     
     
     
     
     
     

 

A continuación algúns debuxos realizados polos alumnos de 1º e 2º curso:

 

       

   

BANDA DE MÚSICA "VILA DE CEDEIRA"

 

O luns 27 de Abril  unha representación da banda  de música "Vila de cedeira" realizou un concerto didáctico para todos os alumnos do noso colexio. Os rapaces escoitaron unha selección de obras musicais como:

- El carnaval de los animales, El Elefante, (Camile Saint-Säens)
- Yesterday (The Beatles)
- Oye como va (Tito Puente)
- El gato montes (pasodoble de Manuel Penella,arreglo para quinteto de metales)
- Adios Nonino (Tango de Astor Piazzolla)
- West side story 
 
 Ademáis tamén puideron coller coas súas mans os distintos instrumentos de vento e probar a tocar algunhas notas. Proba disto son as seguintes fotos:

 

     
     
     

CANCIÓN DO ENTROIDO

 entroido 1 entroido 2   entroido 3

 

 

A canción que interpretan os rapaces no desfile do Entroido 2009 realizouse coa música da canción tradicional galega " E pousa,e pousa" e a letra foi elaborada polos mestres do noso colexio. Esperamos que vos guste.

 

entroido 1   entroido 2

 

E POUSA, E POUSA

Murmuraban pola Barqueira

que era o ano da Astronomía,

Ay lara la lara la

Todos dicían que era moi certo

e miraban ó firmamento.

 

E pousa, e pousa, e pousa

menudo entroido, mira que cousa!

Ay lara la lara la

E pousa, e pousa, axiña,

menudo entroido que se aveciña.

 

 

Chega a tardiña sae a lúa,

espantando o sol pola rúa,

Ay lara la lara la

plántase alí, xusto no centro,

ela é a dona do firmamento.

 

RETROUSO

 

Que aventura tan alucinante

para os soles que son uns xigantes,

Ay lara la lara la

fannos poñer o bañador

suar e suar con tanta calor.

 

RETROUSO

 

As estrelas sempre que saen

moitos desexos nos traen,

Ay lara la lara la

hai quen di que as ve

cando lle pisan un pé.

 

RETROUSO

 

De noite chegan sen ser invitadas

todas de festa engalanadas,

Ay lara la lara la

polo día xa nos esquecen

pola noite desaparecen.

 

RETROUSO

 

Astronautas que xiran e xiran

vaia mareo para os que miran!

Ay lara la lara la

se non paran de mirar

xa se poden espatarrar!

 

RETROUSO

 

Viaxan con traxe espacial

 ó espazo sideral,

Ay lara la lara la

máis veloces que un foguete

onde se vive de rechupete.

 

RETROUSO

PROGRAMACIÓN DO DÍA DO ENTROIDO

 

O vindeiro venres día  20 de febreiro, os alumnos e alumnas do CEIP da Barqueira-Cerdido levaremos a cabo a celebración do Entroido co programa que a continuación se relaciona.

Todos os pais e as nais que o desexen poden acercarse ao centro para ver o desfile de comparsas.

 

PROGRAMA:

 

11.15 horas: Inicio das actividades.

11.15 a 12.00 horas: Desfile das comparsas e interpretación de cancións.

12.00 a 13.00 horas: Xogos

13.00 a 13.40: Festa rachada.

13.40 a 14.30: Xantar.

                       *Menú do día:

                                       - Sopa de cocido

                                       - Cocido

                                       - Postre: orellas

                                       - Bebida: refrescos variados.

14.30 a 15.40 horas: Recreo

15.40 horas: saídas dos autobuses cara as casas.

 

INICIO DAS CLASES: XOVES DÍA 26 DE FEBREIRO

Distribuir contido


by Dr. Radut