O día 11 de outubro o alumnado do centro visitou á Lonxa de Celeiro co fin de aprender cousas sobre os peixes que alí se venden e así poder axudar ao Trasno Trouleiro co seu obxectivo de coñecer que animais viven no mar.
Na lonxa explicáronnos particularidades de diferentes tipos de peixe, pesáronnos na báscula e deixáronnos xogar co xeo triturado.