Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

Excursión Fin de Curso 2016

 

Gústanche estas divertidas tazas? Por soamente 8,50 € poderás facerte co lote completo.

Ademais de ambientar a túa cociña para o Halloween-Samaín, axudarasnos a financiar a nosa excursión de fin de curso.

Anímate!! Colabora cos nosos pequen@s!!

 

Poderás reservalas, previo pago, en diferentes negocios do Concello de Cerdido (Área recreativa do Castro, Tropezón, Cooperativa...) ou no CEIP da Barqueira.

Non perdas a oportunidade! O prazo rematará o luns 26 de Outubro!

Excursión Ortigueira (12.06.2015)

 

O pasado venres fomos de excursión a Ortigueira.

Estivemos na biblioteca, no museo, no teatro, no muíño da Torre e ata no parque de auga!!

Pasámolo xenial!!

 

 

 

 

 

Día do Libro (23.04.2015)

 

Día do Libro! Que día máis bonito, como nos gusta!

Este ano para celebralo fixemos unha exposición-mural dos nosos libros favoritos...

Un apadriñamento lector no que pequen@s e maiores gustaron de ler un libro aos seus compañeir@s...

 

 

E como non podía ser doutra maneira, fixemos a entrega de premios do XV Concurso de Contos de Cerdido, convocado polo Concello e no que participamos todos os anos.

Parabéns a tod@s os gañadores!! E moitas grazas ao Concello por esa morea de libros que nos regalaron!!

 

 

 

 

 

Excursión A Coruña (18.03.2015)

 

Pois nada, que alá fomos á Coruña de excursión... estivemos no acuario FINISTERRAE e na DOMUS.

Pasámolo pipa!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut