Skip to Content

Complementarias e Extraescolares

Día das Bibliotecas Escolares (24.10.2014)

 

O venres, co gallo do Día das Bibliotecas Escolares, tivemos un día do máis axetreado...

Primeiro, o Trasno Trouleiro agasallounos cun marcapáxinas moi útil, para que xamais nos perdamos no libro que estamos lendo.

E logo, o noso amigo Luís da compañía  "A Xanela do Maxín", acompañounos ao longo de case toda a mañá para cantarnos, facernos un espectáculo con títeres e por último ensinarnos a fabricar os nosos propios títeres a partires dos materias de refugallo que nas nosas casas tiramos directamente ao lixo sen darlles maior importancia.

Aquí vos deixo unha mostra do que fixemos...

 

  

 

 

 

 

 

 

 

Saída ao Parque de Educación Vial de Barallobre e ao Museo do Humor de Fene (28.03.2014)

 

O pasado venres acercámonos ao parque de Educación Vial de Barallobre e ao Museo do Humor de Fene.

Seguimos aprendendo moitas cousas sobre como comportarnos nas rúas e de paso... botamos unhas risas!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Árbore (21.03.2014)

 

Seguimos de celebración, porque hoxe tamén foi o día da árbore.

Grazas aos nosos amigos de HORTICINA, puidemos plantar cada un/unha un buxo, que coidaremos con moito agarimo nas nosas casas.

E ademais, entre tod@s plantamos tamén unha camelia centenaria, que quedará de recordo e decoración no noso patio.

 

 

 

 

   

 

 

 

Educación Vial (13.03.2014)

 

O pasado xoves tivemos unha visita duns amigos da Dirección Xeral de Tráfico da Coruña.

Viñéronnos contar as precaucións que debemos ter ao ir pola rúa, tanto camiñando como en bici, moto ou coche.

Agasalláronnos cuns chalecos refectantes e ademais, trouxeron un coche da Garda Civil que nos gustou moito. Tranquilos, as sereas que soaron toda a mañá, foron cousa nosa!

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut