ESTÁN DE MODA
Os novos carnés de usuario están de moda. Viches que chulos e orixinais?
Son válidos para realizar os empréstitos na biblioteca do cole. O único que tes que facer é colgalo do pescozo deixando visible a parte amarela na que aparece o código de barras e o mestre que esté de garda realizará o préstamo ou a devolución do libro, revista, CD ou DVD que queiras.
Agora xa sabes... úsao correctamente e a disfrutalo!!!