Todas as despedidas son amargas. A ninguén lle gusta separarse das persoas que quere e moito menos das que se fan querer e isto é o que aos mestres que quedamos no cole nos pasa este ano. Marchan moit@s compañeir@s por diferentes motivos: xubilacións, cambios de destino, supresións... En fin... Só queda dicir adeus e desexarlles moita sorte.
Raquel, Manolo, Ana, Auri, Tona,Luis, moitísima sorte cos novos proxectos. Esperamos que fagades o que fagades e que indo a onde as vosas vidas vos leven sexades moi felices.
Moitísimas grazas polo tempo compartido!!!