Achégase o final do curso e con el a hora de despedir a dúas compañeiras que se xubilan;para o próximo curso xa non estarán con nós despois de desenvolver o seu labor no CEIP da Barqueira durante moitos anos.
Luz Martínez Villar chegou ao centro no curso 1980-1981. Moitos anos!!!, e todos eles dándoo todo para que as alumnas e alumnos conseguisen avanzar na súa formación, non só intelectual senón tamén persoal.
Puri Pérez Casal, foi a profesora de Pedagoxía Terapeútica durante 11 anos, non son os trinta do caso de Luz pero tamén foron moitos os alumnos que recibiron as súas ensinanzas e que recordarán o seu labor no centro.
Toda a comunidade educativa lles desexa o mellor nesta nova etapa da súa vida.
Tamén queremos ter un recordo para dúas profesoras que cambian de centro: Diana e Patri, as profesoras de música e de educación física. Moita sorte nos novos destinos!
GRAZAS ÁS CATRO