Skip to Content

Día Internacional da Muller Traballadora

Este 8 de marzo celebramos no cole o "Día Internacional da Muller Traballadora". Primeiro preparamos un libro que recolle as entrevistas que o alumnado lle fixo a diferentes mulleres traballadoras e o rexistramos na biblioteca do cole para que quen queira poida collelo emprestado. Despois invitamos a cinco nais e a unha avoa para que nos contaran diferentes cuestións relacionadas coas súas profesións e finalmente proxectamos a entrevista en video á cal o alumnado de 4º, 5º e 6º someteu á actual xefa de estudos do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol "Xan Viaño" xa que por motivos de horario laboral non podía estar en persoa no noso cole. A verdade é que foi todo un éxito e os rapaces e rapazas se mostraron a mar de participativos coas súas preguntas.

Agradecemos enormemente a súa colaboración.

 

Ademais de todo isto o alumnado de 4º, 5º e 6º elaborou distintos modelos de broches en fieltro para agasallar ás mulleres que entrevistaron.


Clasificación II Edición GP Lector

Parabéns Yaiza! O primeiro posto da clasificación é para ti.

Tamén para Silvia que quedou segunda e para Elena que quedou terceira!

II edición GP Lector CEIP DA BARQUEIRA

Ide quentando motores! Poñede a punto os vosos monoplazas porque proximamente vai dar comezo a II edición do Gran Premio Lector do CEIP DA BARQUEIRA. Nesta edición gañará quen primeiro complete as catro voltas do circuíto. Como xa sabedes unha volta se finaliza cada vez que ao rematar un dos libros propostos se complete correctamente a ficha de control.

 

Nesta edición os libros propostos son:

NARRATIVA

A PERIPECIA DE ROI, de Carlos López.

A ESCOLA DOS PIRATAS, de Agustín Fernández Paz.

DÉIXAO MEDRAR, de Silvestre Gómez Xurxo.

¿QUERES SE-LO MOZO DA MIÑA IRMÁ?, de Maite Carranza.

VIAXE DE IDA E VOLTA, de Ánxela Loureiro

TEATRO

AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS,de Carlos Casares.

TEATRO FEROZ, de Gloria Sánchez.

 

Entroido 2013

Como xa sabedes o Trasno Trouleiro quere aprender un montón de cousas sobre os insectos. Para axudarlle e con escusa do entroido o alumnado elaborou chamativos disfraces de bolboretas, abellas e cabalos do demo. Tamén aprenderon unha cantiga que cantaron diante dos seus pais e nais.




Animalando. Programa "Insectos"

O alumnado de 4º, 5º e 6º aceptou o reto do Trasno Trouleiro! Ese que os animaba a investigar sobre os insectos, recordades? Buscaron información na biblioteca e logo de traballala na clase prepararon este vídeo para darlle saída a todo o aprendido da maneira máis orixinal. Son uns máquinas!!!

Primeiro programa: "Animalando"

Distribuir contido


by Dr. Radut