O Samaín xa está eiquí! Comezamos a mañá coa Entrada Terrorífica, deixamosvos un vídeo co percorrido para os curiosos
O día resultou moi entretido para todos, scape room, gynkana, photocalls, merendola e bo tempo nos fixeron disfrutar dos disfraces a tope! Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Para rematar, o veredicto do concurso de cabazas, resultaron premiados na categoría "A CABAZA MAIS TERRORÍFICA"Javier Lomba de 5º EP, Dani Cadilla de 3º A, Luka Baz de 2ºB e Clara da Silva de 6º de Educación Infantil
Na categoría " A CABAZA MAIS ORIXINAL" resultaron premiados Andrea González de 5º, Leire Pazos de 3ºA, Yara Lomba de 1º na foto coa súa irmá pequena Iris, e Aimar González de 6º de Educación Infantil
Na categoría especial "ENTRE OLAS E TIXOLAS" Valentina Álvarez de 3º A, Artai de 2º A, Hector de 6º de Educación Primaria e Sheila dos Santos de 5º de Educación Infantil.
Así de arrepiantes locen todas as creacións do concurso de cabazas! Moitas grazas familias por participar un ano máis nesta iniciativa.
Xa temos todo preparado para a celebración do Samaín! Daremos comezo coa ENTRADA TERRORÍFICA, pero que ninguén se nos asuste demasiado, todos aqueles nenxs que non queiran ser asustados poden entrar coas luces acendidas!
Agárdanos unha mañá cheíña de actividades, primeiro Educación Infantil fará unha Gynkana chea de obstáculos aterradores e Educación Primaria fará por quendas un Scape Room... conseguirán saír a tempo para a merenda?
Degustaremos as delicias que desta vez virán da man dos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e de seguido terá lugar a entrega de premios no patio cuberto dos Concurso de Cabazas e do Concurso Monster Chef lanzado por BiblioPepiño.
A saída do alumnado terá lugar como de costume, e a recollida das cabazas será a partires da 13:00.
Xa vistes as fotos das terroríficas cabazas que fixeron as nosas nenas e nenos coa axuda impagable das familias. Todas ben ideadas e fermosas pero...como todo concurso o xurado resolveu que estas foran as gañadoras:
Xa non queda nadiña...achégase a festa máis terrorífica do ano, unha das que máis gusta ás nosas nenas e nenos. Levan días pensando en como virán vestidos e, se terán moito medo, nesa entrada terrorífica que preparan con moita ilusión as mestras e mestres.
Os corredores do cole locen cheiños de caveiras, esqueletes, arañas, morcegos...A entrada ó cole, encheuse estes días de cabazas decoradas nas que destaca a orixinalidade das familias...canto discorren!!! Tamén vedes un chamativo mural que nos recorda que...é Samaín!!!
O noso venres de samaín é unha data na que moitos dos nosas rapazas e rapaces esperan con ilusión e porque non dicilo, cun pouquiño de medo. Pero como son curiosos por natureza propia....atrévense con todo. E para mostra, esta entrada arrepiante.
Como ven sendo habitual, nestas datas de Samaín, non poden faltar as cabazas. Esas que xa puñan os nosos ancestros, os celtas, nos cruces, na porta das súas casas...
A vosa creatividade, imaxinación...e participación, cada ano sorpréndenos!!!
Estas fotos amosan o artistas que sodes!!!!
Graciñas familias, rapazada por participar tan activamente!
Hai uns días iniciamos os preparativos do Samaín e, como nesta época do ano nos encanta que o cole estea HORRIPILANTE ... fixemos uns obradoiros de manualidades tenebrosas!
Foi unha actividade voluntaria, polo que os nenos e nenas que quixeron participar, foron inscribirse o luns ao recunchiño da entrada....e tal como esperabamos...acudiron moit@@@@@s dispostos a traballar!!!
Como acostumamos dende hai uns anos, traballaron maiores e pequenos, experiencia da que ambos desfrutaron moito. O primeiro dia foi o mércores 23, compartiron actividade os alumnos e alumnas de Educación Infantil e de 6º. O xoves participaron os nenos e nenas de 2°, 4° e 5°. E o venres tocoulle a 1° e 3°
Aproveitando que estamos levando a cabo, o Proxecto de Reciclaxe e Medio AMBIENTE, non dubidamos en utilizar materiais RECICLADOS, coma papeis vellos, botellas e alfombriñas das que se poñen no rato da computadora, coas que elaboramos uns cuños terroríficos.
Prema nas imaxes para velas en grande.
Foi unha experiencia MARABILLOSA e, por suposto.... TENEBROSA!!!
E agora... a seguir disfrutando unhas xornadas máis desta festa, convivindo e aprendendo algo novo cada día.