BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
SAMAÍN SANGRIÑENTO 2024
E chegou o día!
O Samaín xa está eiquí! Comezamos a mañá coa Entrada Terrorífica, deixamosvos un vídeo co percorrido para os curiosos
O día resultou moi entretido para todos, scape room, gynkana, photocalls, merendola e bo tempo nos fixeron disfrutar dos disfraces a tope! Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Para rematar, o veredicto do concurso de cabazas, resultaron premiados na categoría "A CABAZA MAIS TERRORÍFICA" Javier Lomba de 5º EP, Dani Cadilla de 3º A, Luka Baz de 2ºB e Clara da Silva de 6º de Educación Infantil
Na categoría " A CABAZA MAIS ORIXINAL" resultaron premiados Andrea González de 5º, Leire Pazos de 3ºA, Yara Lomba de 1º na foto coa súa irmá pequena Iris, e Aimar González de 6º de Educación Infantil
Na categoría especial "ENTRE OLAS E TIXOLAS" Valentina Álvarez de 3º A, Artai de 2º A, Hector de 6º de Educación Primaria e Sheila dos Santos de 5º de Educación Infantil.
As receitas gañadoras do Monster Chef as podedes consultar en https://bibliopepinho.blogspot.com/2024/10/premios-monsterchef.html
Esperamos todos o houberan pasado moi pero que moi ben!
Regresamos ó cole o luns 4 de novembro, divertidevos moito nesta ponte!