BENVIDAS/OS Á WEB DO CEIP A SANGRIÑA
XA CHEGA O SAMAÍN!!
Estimadas familias:
Achegase o Samaín e xa comezamos a preparar a celebración. O tema deste ano será “Noite de mortos”.
Coma outros anos, convidámosvos a colaborar na decoración do centro achegando as cabazas que preparedes
cos vosos fillos e fillas. Podedes traelas ao colexio o luns 28 dende as 8:15 da mañá.
O día 30 de outubro celebraremos a festa na escola. Por suposto, os alumnos poden vir disfrazados ese día
Entre outras actividades, realizaremos unha “Andaina monstruosa” pola vila da Guarda.
Sairemos da escola ás 10:00 cara a praza de Avelino Vicente, onde faremos unha parada na que poderemos disfrutar
dunha cancións que cantarán os nenos e nenas.
Os alumnos de Primaria seguirán logo cara a Praza do Reló onde volverán cantar e os mais pequenos irán á Alameda.
Ao rematar volveremos ao cole para continuar coa celebración e merendar.
Nesta ocasión correspóndelle aos alumnos de 6º e 1ºA traer a comida. Recordámoslles ás familias dos nenos e nenas
que teñen algunha alerxia alimentaria que, para maior seguridade, deben traer a súa merenda ese día.
Moitísimas grazas pola colaboración!
Aquí están as cancións que traballaremos no cole: