Skip to Content

MAGOSTO 2024

O día 8 de novembro celebraremos un magosto na escola, precisamos que o alumnado traia castañas, xa picadas, que entregarán á súa titora.

O día do magosto haberá un grupo de persoas da ANPA que se encargará de asar as castañas.

Ademais de comer castañas, o alumnado –se así o desexa- traerá a súa merenda como habitualmente.

Aquelas familias que queiran levar o seu fillo ou filla antes das 14 h deben avisar a titora e cubrir o impreso correspondente na conserxería.

 


CRONOGRAMA DO DÍA 8 DE NOVEMBRO

HORA

ACCIÓN

9 - 10:30

O alumnado estará nas aulas.

10:30 – 12

Xogos tradicionais.

12 – 13

INCORPORACIÓN DAS FAMILIAS AO CENTRO.

DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS.

13 – 13:30

Pregón dos peóns.

13:30 - 14

Volta ás aulas.

14 – 16:30

Saída a transporte ou comedor como habitualmente.

 

 

 

 

CONVOCATORIA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

En documento adxunto a convocatoria das eleccións ao Consello Escolar 2024.

 

PRESENTACIÓN ROTEIRO DA ALMÁCIGA

Hoxe, martes 15 de outubro, a Asociación O Galo presentará a toda a comunidade educativao Roteiro da Almáciga, un traballo de difusión cultural elaborado co apoio do Concello de Santiago.

O 25 de outubro o alumnado de 3º ciclo de educación primaria realizará o roteiro.

Lugar: Salón de Actos

Hora: 18 h.

Animámovos a asistir.

No documento adxunto está o cartaz.

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL

En documentos adxuntos: tríptico resumo coas informacións relevantes para este inicio de curso e listaxe de material para educación infantil.

 

CIRCULAR INICIO DE CURSO

En documento adxunto a circular de inicio de curso.

 

PREMIO ANTÓN FRAGUAS: GAÑAMOS!

O CEIP Apóstolo Santiago, xunto co CEIP Lamas de Abade e o CEIP Pérez Viondi (A Estrada) resultaron gañadores do XIII Premio Antón Fraguas na categoría de educación primaria.

A nova completa está na ligazón.

http://museodopobo.gal/gl/nova/proxectos-ganadores-da-xiii-edicion-do-premio-antonio-fraguas-fraguas

LIBROS DE TEXTO 2024_25

En documento adxunto a lista de libros de texto para o vindeiro curso.

AVISO: Non merquen os libros de 1º e 2º de educación primaria ata que comece o curso. É posible que non se solicite o libro en todas as materias, como xa ocorreu este curso.

HIMNO DA LINGORETA ATLETA E PISANDO ESTRELAS

Publicamos no blog da Biblioteca un par de pezas musicais que gravamos en colaboración co Centro Xove da Almáciga que nos permitiu contar co seu espazo e equipo técnico para realizar a gravación.

"PISANDO ESTRELAS", con letra de Luísa Villalta

"HIMNO DA LINGORETA OLÍMPICA", con letra do alumnado de 4EP.

Aquí van as ligazóns:

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2024/06/luisa-villalta-estrelas.html

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2024/06/himno-de-lingoreta-proxecto-lingoreta.html

BOLSAS NEAE 2024-2025

Aberto o prazo, ata o 13 de setembro de 2024, para presentar no centro a solicitude das as axudas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para alumnado con necesidades específicas de atención educativa (NEAE).

 

Información no enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

Esta solicitude irá acompañada de:

 

  • Código Conta Cliente (CCC): O/A titular da conta debe ser o alumno/a.

  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar.

  • Fotocopia do Certificado de Discapacidade (mínima do 25%, novidade de este curso).

  • Fotocopia do Certificado das Altas Capacidades, diagnóstico médico do Trastorno Grave de Conduta, Trastornos Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado ás casuísticas anteriores) ou TEA.

  • Memoria do gabinete que preste o servizo durante o curso 2024-2025

  • Outros documentos que se considere oportuno achegar (certificado de familia numerosa...).

     

 

PARA CALQUERA CONSULTA, PÓÑANSE EN CONTACTO CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

 

 

BOLSAS COMEDOR E EXTRAESCOLARES. CONCELLO DE SANTIAGO

Informamos da publicación no BOP da Coruña do 20-05-2024 da publicación da convocatoria de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, asemade tamén para aqueles que estean escolarizados en centros de educación especial en segundo ciclo de infantil, educación primaria obrigatoria e educación secundaria obrigatoria no Concello de Santiago de Compostela, curso 2024-2025

 

 Informamos que os interesados dispoñen de 10 días hábiles (a contar dende o día seguinte á publicación no BOP), para presentar a súa solicitude.

 

En documentos adxuntos están as bases, a publicación no BOP, o modelo de solicitude, e os modelos de adhesión

Distribuir contido


by Dr. Radut