Informamos da publicación no BOP da Coruña do 20-05-2024 da publicación da convocatoria de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, asemade tamén para aqueles que estean escolarizados en centros de educación especial en segundo ciclo de infantil, educación primaria obrigatoria e educación secundaria obrigatoria no Concello de Santiago de Compostela, curso 2024-2025
Informamos que os interesados dispoñen de 10 días hábiles (a contar dende o día seguinte á publicación no BOP), para presentar a súa solicitude.
En documentos adxuntos están as bases, a publicación no BOP, o modelo de solicitude, e os modelos de adhesión