Skip to Content

Xornadas de portas abertas e admisión do alumnado

O xoves 23 e o martes 28 de febreiro ás 17:00 terán lugar as xorndas de portas abertas pendentes.

O período de solicitude de admisión é do 1 ao 20 de marzo.

Nos adxuntos proporcionámosvos un resumo do procedemento de solicitude de admisión  , a normativa que regula o proceso  e o modelo de de solicitude de admisión.

Na páxina https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado dispoñeredes dunha guía do proceso. 

Un afectuoso saúdo.

A dirección.

 

Día das mulleres e as nenas na ciencia

Hoxe conmemórase o día das mulleres e das nenas na ciencia. Nos vínculos que seguen tedes os vídeos gravados no cole polo INCIPIT.

Vídeo corto promocional: https://youtu.be/n_V1_J1Eayo

Vídeo longo: https://youtu.be/AE5WcOnCK3k

Nota comedor e mandados de Dna. Almáciga

Estimadas familias: Nos adxuntos tedes unha nota informativa, enviada dende o  Concello sobre o pagamento do  servizo de comedor e os mandados de Dna. Almáciga para a semana de Antroido do 13 ao 17 de febreiro.

Saúdos afectuosos. 

Charla ANPA e información antroido

Achegamos o cartel con máis información da  charla da ANPA e unha  imaxe onde podedes ver como son os disfraces de "Madamitas e Madamitos"

Na seguinte dirección  podedes averiguar  pouco máis da súa historia.

https://www.g24.gal/-/madamitas-madamitos-e-farandulleiros-os-disfraces-seculares-do-entroido-de-entrimo

Proceso de Admisión

Na dirección https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ dispoñedes de toda a información sobre a admisión de alumnado para o curso 23/24.

O primeiro prazo (Reserva de praza) é para que o alumnado de 6º de EP reserve praza se quere acudir a algún dos centros aos que estamos adscritos :IES de Sar e IES Xelmírez II.

O prazo é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

O segundo prazo (Admisión) é para o alumando que está sen escolarizar , para o que quere cambiar de centro ou para o de 6º de EP que non fixo a reserva nos centros adscritos.

Este prazo é do 1 ao 21 de marzo.En breve informaremos das xornadas de portas abertas no noso centro.

Dispoñedes dos modelo de solicitudes para os dous procesos na páxina á que facemos referencia arriba , como anexo a este documento ou  no cole.

Un afectuoso saúdo.

Proclamación de persoas candidatas.

No documento adxunto está a relación de persoas proclamadas pola Xunta Electoral  candidatas a representantes das familias no Consello Escolar.

Segundo informamos no calendario de actuacións, as votacións terán  lugar o vindeiro martes 29 de novembro das 13:45 ás 14:15  e das 16:30 ás 18:30  no recibidor do CEIP Apóstolo Santiago.

Poden votar ambas as dúas persoas proxenitoras e deberan acreditar a súa identidade mediante documento oficial.

Agardamos a vosa participación.

Un afectuoso saúdo.

Información proceso eleccións Consello Escolar

No taboleiro da entrada do transporte escolar esta exposto o censo de familias. e no da sala de profesorado o de docentes.

Achegamos as convocatorias para os dous sectores e o modelo de presentación de candidatura editable.

Tamén dispoñedes del na conserxería do cole.

Un cordial saúdo.

Eleccióna ao Consello Escolar

Estimadas familias: Iniciase o proceso para a renovación parcial

das persoas que forman parte do Consello Escolar.

O mércores día 2 , ás 11:45 na sala de reunións do centro terá

lugar o sorteo público para a designación das persoas da

comunidade  educativa que formarán parte da Xunta Electoral.

No documento adxunto figura o calendario de todo o proceso .

Un afectuoso saúdo

A Equipa Directiva

Alta en ABALAR

Bo día: Nas seguintes direccións tedes información de como descargar a aplicación ABALAR ou como resolver os problemas que se vos poden dar.

Vai tamén como adxunto a guía  de uso para as familias.

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais/app-de-comunicaci%C3%B3n-abalarMobil-para-familias

Un cordial saúdo.

Asemblea da ANPA

No documento adxunto figura a convocatoria da asemblea xeral da ANPA a celebrar o xoves día 6 de outubro.

Distribuir contido


by Dr. Radut