Skip to Content

Listaxe de material para Educación Infantil.

Estimadas familias nos documentos adxuntos informámosvos das listas de material para Educación Infantil.

Un afectuoso saúdo

Bolsas convocadas polo MEFP para alumando con NEAE.

Prezadas familias:

Tal e como falamos telefonicamente, no arquivo adxunto envíanse unhas breves instrucións cos pasos necesarios para efectuar a solicitude de bolsas para o Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso 2022-2023, que convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional. Igualmente, achégase un documento co texto da convocatoria.

É importante ter en conta que o prazo máximo para presentar a documentación da solicitude no centro é o día 30 de setembro.

No caso de que existan dúbidas ou se precise algunha aclaración, estou á vosa enteira disposición.

Moitas grazas.

Un saúdo cordial:

Maruxa Villamor

Resumo reunión Educación Infantil

No documento adxunto tedes un resumo do que se tratou  na reunión de Educación Infantil  do martes día 6.

Benvida ao novo curso.

Estimadas familias: Benvidas ao curso 22/23!

Nos documentos adxuntos tedes información  do profesorado deste curso e adscrición ás titorias.

Tamén está o calendario escolar para que poidades organizarvos e as instrucións para darvos de alta en COLECHEF coa clave que corresponde ao noso centro.

As actividades lectivas inicíanse o día 8.

Saudiños.

Relación de libros de texto.

No adxunto figura a relación de libros de texto para o curso 22/23.

Recomendamos non adquirir os libros nin o material ata que a persoa titora llelo indique unha vez iniciadas as actividades lectivas.

Resolución provisional axudas libros e material didáctico.

O vindeiro 7 de xullo faránse públicas na entrada do centro as listas provisionais de axudas de libros e material didáctico.

Hai dous dias de prazo para reclamacións e o día martes  día  12 publicaranse as definitivas.

A partires do xoves día 14  e ata o día 29 poden pasar polo centro para recoller os vales en horario  de 10:00 a 13:00. As persoas que non poidan pasar en xullo poden recoller os vales en setembro.

Recomendamos non adquirir os libros nin o material ata que a persoa titora llelo indique unha vez iniciadas as actividades lectivas.

Horario de apertura de centro no mes de xullo

No mes de xullo o centro permanecerá aberto todos os días de 10:00 a 13:00.

O alumnado de 6º pode pasar recoller a súa documentación académica a partires do día 4 de xullo

Algunha das persoas da Equipa Directiva estará no centro os luns, mércores e venres ata o día 15 de xullo.

Formalización de matrícula

Está aberto o prazo para a formalización de matrícula para o alumnado de nova incorporación ata o dia 30 de xuño.

O impreso podedes conseguilo na conserxería do centro  e tamén vai como adxunto.

 

Resultado sorteo "Xantar no Dezaseis"

No Blogue de Biblioteca tedes o vídeo do sorteo do xantar no Dezaseis. Graciñas a todas as persoas que colaborastedes e bo proveito para as afortunadas.

https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/2022/06/sorteo.html

Charla "Perigos e malos usos das TIC na infancia e na adolescencia"

Estimadas familias:No centro elaboramos unha enquista sobre os usos tecnolóxicos do noso alumnado e  os resultados foron preocupantes.  Pensamos organizar unha charla sobre o tema e queremos contar coa presenza do Dr.Antonio Rial Boubeta.

Precisamos saber cantas persoas estarían dispostas a asistir . Sería un martes do mes de xuño (7, 14 ou 21) a partires das 17:30.

Para comunicar a vosa asistencia podedes empregar o modelo do documento informativo  que achegamos como adxunto ou comunicalo ao centro por teléfono ou correo electrónico.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut