blogue deSusi Fernandez
Sesión de animación á lectura nos terceiros
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 13/06/2022 - 20:06Esta mañá veunos visitar Benxamín, e fixemos algunhas actividades sobre o libro que lemos este trimestre: "A señorita BUBBLE, Baixo cero" de Ledicia Santos.
Ao final, contounos unha historia moi divertida sobre un dos nosos compañeiros: Iago e tamén fixo o seu retrato!
Que ben o pasamos!
Charla "A ciencia do traballo doméstico"
Enviado por Susi Fernandez o Sáb, 11/06/2022 - 09:45O venres 10 de xuño, o CIM de Bueu impartíu unhas charlas nos cursos de terceiro, destinadas a concienciar ao alumnado da importancia de colaborar nas tarefas da casa e a implicación de toda a familia nelas. Tamén debatimos sobre o rol de xénero, aínda tan arraigado na nosa sociedade e do que as próximas xeracións teñen que desprenderse.
TODOS SOMOS IGUAIS E TODOS TEMOS OS MESMOS DEREITOS E AS MESMAS OBRIGAS!
O alumnado de 3ºB fixo un par de experimentos na clase:
LETRAS GALEGAS
Enviado por Susi Fernandez o Mér, 18/05/2022 - 06:36
O venres 13 de maio, despois do recreo, xuntámonos no patio cuberto toda primaria para conmemorar cun pequeno acto o día das Letras Galegas, en honor a Florencio DELGADO GURRIARÁN.
O programa foi o seguinte:
1º.- Lectura de poemas de Florencio Delgado Gurriarán
- 1ºA – O río Farelos
- 1ºB e 2º – Muiñada
- 3º e 4º - Choiva
- 5º - Domadora de serpes
- 6º - Salve
Esta foi a actuación de 3º e 4º, recitando a poesía "CHOIVA"
2º. - Canción do 50 aniversario tamén en lingua de signos.
3º.- Alumnado de 5º interpreta “Son do ar” coa frauta.
4º.- Alumnado de 6º interpreta “Ondiñas veñen” coa frauta.
5º.- Himno galego.
SEMENTAMOS OS DE TERCEIRO
Enviado por Susi Fernandez o Ven, 06/05/2022 - 15:29Hoxe, o alumnado de terceiro sementamos leitugas, tomates e pipas para o proxecto das plantas que estamos a traballar neste trimestre. Tamén puxemos aguacates en auga para que lles crezan as raices e despois plantalos no patio.
Estreamos o carriño con rodas e botámoslle turba, as sementes e compost da composteira do cole. Despois regamos todo e... a esperar a ver se crece todo!!
O proxecto das plantas está a dar moito xogo e aprendemos unha morea de cousas, pasándoo ben!
REVITALÍZATE!!
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 25/04/2022 - 16:39Esta mañá indagamos sobre a vida no composteiro! Pero... quen vive aí?
A compostaxe é unha cuestión de conciencia, de fomentar hábitos nos nosos rapaces para que adquiran unha conciencia medio-ambiental e iso dende moi pequenos.
Armados dun pincel, dunha lupa e de microscopios rebuscamos no compost na procura de bichiños escondidos. Algúns eran suficientemente grandes para observalos a simple vista, pero necesitamos o microscopio para ver outros, moi pequeniños e fráxiles. Había que aguzar moito a vista e estar moi atentos a calquera movemento!
Atopamos unha morea de animaliños traballando cada quen á súa maneira para producir o abono tan necesario para as plantas.
Pasámolo pipa no noso rol de científicos!
Botádelle un ollo aos seguintes vídeos:
BÚSQUEDA DO TESOURO
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 24/04/2022 - 11:19O venres 8 de abril, despois do recreo, a profe Geli preparounos unha búsqueda do tesouro por equipos. Puxémonos un sombreiro cada un e... xa estabamos listos para a aventura!
Tivemos que atopar as pistas por todo o cole que nos conduciron directamente ao tesouro, deliciosos CHOCOLATES!! Mmmmm... co lambóns que somos!!
Encantounos a actividade, moitas grazas, profe Geli!!
VISITA DE VITORIA E ANXO
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 03/04/2022 - 14:48Este venres recibimos a visita de Vitoria Ogando Valcárcel e Anxo González Guerra, os avós de Aldán, un compañeiro de 1º. Contáronnos que foron profesores de secundaria, agora están xubilados e dedican o seu tempo libre a viaxar, ao seu neto e á súa páxina de recursos de galego en internet : ogalego.eu ou ogalego.gal.
Nesa páxina, podemos atopar múltiples recursos interesantes para axudarnos co galego: teoría e exercicios de gramática tanto para primaria coma para secundaria, xogos coma o aforcado para repasar o vocabulario, contos, adiviñas, cantigas tradicionais con letra e música...
Tamén participan na redacción da Galipedia, a wikipedia galega, e Ánxo foi o que lle fixo a entrada a Arturo Sánchez Cidrás, avó dunha compañeira nósa.
Premede no seguinte enlace para acceder á súa web: ogalego.eu
Moitas grazas pola vósa dedicación ao ensino da nosa lingua!!!
CONCURSO "BÚSCASE A TALENTO"
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 27/03/2022 - 17:34GAÑADOR CONCURSO
"BÚSCASE A TALENTO"
O mércores 23 de marzo, toda a rapazada de 3ºA acompañamos a Goro, o gañador do acésit do concurso "BÚSCASE A TALENTO" ao Pazo da Diputación para recoller o seu premio.
Goro conseguiu un lote de libros para él, outro para o cole e unha representación teatral de MIGALLAS para os dous terceiros. Ademáis todos nos levamos un agasallo da Diputación.
Foi un día moi especial e estamos moi orgullosos de ti, Goro!
Noraboa, eres un verdadeiro artista!
MURAL DE ROSALÍA DE CASTRO
Enviado por Susi Fernandez o Dom, 27/03/2022 - 16:50MURAL DE ROSALÍA DE CASTRO
O 22 de febreiro, Esteban de Tarabelos veu a contarnos un conto de Rosalía : "Vidal o sinventura". En canto chegamos á nosa aula, comezamos a debuxar o que máis nos chamara a atención dese conto e Esteban conseguiu plasmar todas as nosas ideas no muro do patio de baloncesto.
Por mor da choiva, tivemos que esperar uns días para poder pintalo, pero ao fin o momento chegou e foi divertidísimo pintar o muro e algunha pintura tamén caiu sobre nós! Menos mal que trouxeramos roupa vella porque algúns ata se lles caeu no pelo!
Aquí tedes o vídeo:
A que quedou xenial?! Digno dos artistas que somos!! Grazas Esteban, quédanos unha estupenda lembranza dese día!
Día Internacional da Muller e da nena na ciencia
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 21/02/2022 - 17:00O 11 de febreiro, os rapaces e rapazas de terceiro conmemoramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para favorecer a igualdade de xénero.
Primeiro, tiveron que realizar unha búsqueda sobre as mulleres galegas científicas. Despóis, puxemos todos os datos en común e por último realizamos un comecocos para poder xogar e aprender.
Quedoulles xenial!