CURSO 3ºA 3ºB

VISITA DAS TANXUGUEIRAS

O venres 19 de novembro, co gallo da conmemoración do día da música, que se celebra o 22 de novembro, tivemos a sorte e a honra, de recibir no colexio a visita do grupo "Tanxugueiras". Esta semana están de celebración, pois presentaron a súa candidatura para participar no Benidorm Fest, onde poderían ser os gañadores para representar a España no festival de Eurovisión 2022, e ser o primeiro grupo que presenta unha canción, nunha lingua cooficial española como é o Galego.

Aprendimos un montón de cousas da tradición da música galega e da pandeireta,  gracias a elas:

-Primeiro pediron ao alumnado que lles fixeran un debuxo dunha pandeireta, onde tiveron que poñer as súas partes.

-Nos aclararon a diferencia entre a pandeireta e a pandeira, que se toca na zona de fronteira con Castela León e Asturias. Ademais unha das curiosidades que aprendimos é que en Galicia é o único sitio onde a pandeireta se agarra coa man esquerda e se toca coa dereita.

-Tamén nos falaron da maneira de recuperar as cancións, mediante a tradición oral. A mocidade chamaba ás portas das persoas maiores, e lles pedían que cantasen unha canción. Así se mantiñan ás cantigas de xeración en xeración. 

-Moi interesante foi tamén a forma de ensinar a tocar a pandeireta á rapazada, con distintos ritmos sinxelos (plátano, eu son de Marín...)

-Puxéronnos o video da súa canción "Figa" para adiviñar o ritmo que se utilizaba (rumba tradicional galega) e por último nos agasallaron cunha canción fermosísima cantada por elas, da que poderedes gozar no seguinte video.

 

 

 

 

 

 

QUE MAÑÁ TAN ESPECIAL!!! MIL GRAZAS POR DEIXAR QUE A RAPAZADA GOCE CON VÓS!!!

ESTE ANO HOUBO MAGOSTO!

O pasado mércores 10 de novembro, coincidindo coa véspera do día de San Martiño tan importante para Bueu, celebramos o Magosto na escola. Grazas a colaboración dos especialistas de educación física, e a Asociación Corredoiras, que nos emprestou os xogos tradicionais, o alumnado pasou unha xornada moi especial no colexio. Algún dos xogos que probaron e puideron compartir por quendas foron: os zancos, cubo de rubik de engranaxes, cachiza, buxainas (polo San Martiño xa se sabe, trompos ao camiño), aros... Pasárono xenial probando os seus lanzamentos, o seu equilibrio, a súa precisión e habilidade, na práctica con estes xogos populares. Nos videos que están a continuación podemos comprobar o ben que o pasaron.

A continuación, unha vez rematada a quenda correspondente de xogos,  tamén puideron degustar as castañas asadas polo conserxe Ramón, con todo o seu cariño e esforzo, e compartir esta festa con todos os seus compañeiros e compañeiras. 

A mañá foi diferente e especial para tod@s, e houbo moita emoción e diversión, por poder recuperar a festa do Magosto, tan significativa para nós.

 

                             

 

 

 

 

                                                                     FOI XENIAL!!!

 

                                           

 

MEDRANDO XUNTOS NA PEDRA: VISITA DE ARTURO

O pasado venres, 12 de novembro, o alumnado de 4º de primaria tivemos o inmenso honor de recibir a visita de Arturo.

 

Foi importante para nós porque:

1º  Arturo é tripulante do buque oceanográfico "Ángeles Alvariño".

Arturo vén de estar co seu barco no volcán Cumbre Vieja de La Palma, actualmente en erupción.

Arturo foi alumno do noso colexio nos primeiros anos do seu funcionamento.

Empezou falando de que xa leva 10 anos navegando neste barco oceanográfico. O seu traballo é o de contramaestre. Contounos que lle gusta moito o seu oficio e que  os 8 tripulantes lévanse moi ben. Só ten un inconvinte e é estar lonxe da familia por longos períodos de tempo.

Amosounos este vídeo para que entenderamos a función deste buque:

 

 

 

 

Despois Arturo, falounos da súa última expedición: O VOLCÁN DA PALMA. O barco acompañou aos científicos e científicas para investigar o impacto que a erupción está tendo no océano. Contounos que alí tivo sentimentos encontrados. Por un lado a emoción de ver e escoitar un volcán erupcionando, pero por outro a tristeza ao percibir tanta destrución e miseria.

Amosounos este vídeo, que el mesmo gravou dende o mar. A todos nos impresionou como ruxe o volcán.

 

Por último falounos da súa experiencia como alumno deste cole. Contounos que había clases mañá e tarde. Ao mediodía marchaban a casa a comer e despois tiñan que volver. Acordábase dalgunhas das súas mestras e mestres, como Doña Elisa ou Don Manuel. Chamounos moito a atención que os chamaran de Doña e Don. No recreo, explicounos que no patio de terra xogaban ao galope, aos trompos ou ás canicas. Na pista, que aínda existe, xogaban ao fútbol.

Díxonos que, por aquel entón, nin os pais nin as nais viñan traelos. A rapazada maior traía aos pequenos e pequenas ata o centro.

Arturo respondeu ao aluvión de preguntas que lle fixemos cunha paciencia infinita. 

MOITÍSIMAS GRAZAS!

 

 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA: PROXECTO OS VOLCÁNS

Cando o 19 de setembro o Volcán Cumbre Vieja, comezou a erupcionar, o alumnado de 4º tivemos ben claro que queriamos saber o que estaba pasando. Necesitabamos respostas a todas as cuestións que xurdían ao ver as impresionantes imaxes.

Así que nos puxeromos mans á obra. Esta é apresentación dixital que nos axudou a comprender moitas desas cuestións. Foi o noso punto de partida.

Clica na imaxe para vela.

 

 

Realizamos proxectos de investigación por parellas que plasmamos nunhas presentación en libre oficce. Podedes botarlle unha ollada. Despois tivemos que expoñela ao resto da clase. A nosa mestra díxonos que fomos uns campixns!

Aquí tedes a mostra:

Algunhas e algúns fomos tan valentes que fomos expoñer os nosos coñecementos ás aulas de segundo:
Aínda nos quedaba o momento máis divertido!
Construímos os nosos propios volcáns e os fixemos erupcionar!
Neste vídeo poderedes imaxes e pequenas gravacións desta tarefa.
 

SAMAÍN 2021

A que está chulo o noso mural de Samaín? 

Todo o alumnado do cole participou na súa elaboración!

Este mural e a impresionante exposición de cabazas, elaboradas polas familias preparou ao noso cole para que o venres 29 de outubro, a rapazada que quixese vir disfrazada poidese facelo.

Nesta presentación poderedes ver unha galería de fotos e tamén no video:

 

 

 

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O aniversario de Papirus é unha data moi especial no no noso cole.

Un días antes empezamos a notar que o noso cole empezaba a cambiar. A entrada encheouse de grilandas, apareceron murais, aos pés de Papirus había agasallos e ao seu carón unha gran tarta.

 

 

 

 

A nosa mascota, como non? madounos unha carta convidándonos a celebralo con el.  Este ano tamén nos enviou un vídeo no que nos presentaba o proxecto anual do Bibliocastelo. Encantounos o vídeo porque ademais estaba sendo interpretado en lingua de signos por Rosa Louro.

 

Para cumprir cos protocolos COVID, o alumnado do cole fomos indo por quendas- A nós tocounos o martes, 26 de outubro. O primeiro que fixemos foi cantarlle para felicitalo:

 

Despois sacámonos moitas fotos con el:

 

No mundo do revés! En vez de agasallar nós a Papirus, foi el quen nos dou un regalo.

Mirade que chulo! Fíxoo el mesmo na nosa impresora 3D.

 

DÍA DAS ESCRITORAS.

Como xa vén sendo tradición no noso cole, o pasado luns, 18 de outubro, celebramos o día das escritoras, para reinvindicar a figura da muller dentro da literatura, solapada historicamente.

O alumnado de cuarto tras realizar unha serie de actividades na aula de concienciación sobre esta data, visitou o Bibliocastelo para traballar no andel, preparado para esta ocasión, con multitude de libros de escritoras galegas. 

 

HOMENAXE AO PINTOR JOSÉ SOLLA

O comezo deste curso veu marcado pola triste nova da morte do noso queridísimo pintor José Solla. O alumnado de cuarto FÍXOLLE  un pequeno homenaxe interprentando algunha das innumerables pinturas.

Diante da macroescultura "INES PALMIRA"Obra do pintor , situada na praza Massó sacaron esta foto:

A comunidade educativa do centro, non pode esquecer que outro grupo de cuarto levou a cabo un proxecto sobre a figura deste artista. Este alumnado tivo a sorte de fotografiarse diante da mesma escultura con el.

O COLEXIO A PÈDRA NON TE ESQUECE!

FICBUEU 2021

O pasado martes, 14 de setembro, o alumnado de cuarto, tivemos a sorte de seren invitadxs á sección xuvenil do Festival de curtametraxes de Bueu.

Estas foron as proxeccións que vimos:

- Reflexo

- Loop

- Migrants

- Dix ans

- Latitude du printemps

Encantánronos todas, pero tras facer votacións na clase, quedou vencendora por ampla maioría Loops.

GRAZAS FICBUEU POR CONVIDARNOS!

BENVIDA AO CURSO 2021/ 2022. PRESENTACIÓN REUNIÓN COAS FAMILIAS

Chexs de ilusión e coa esperanza de ter un ano tranquilo a todos os niveis pero en especial pola situación epidemiolóxica, iniciamos este novo curso co alumnado que este ano inician 4º de E. Primaria.

O pasado martes, 14 de setembro, tivemos a xuntanza de inicio de curso. Aquí vos deixamos  a presentación dixital da reunión.

 

Distribuir contido