A ANPA do Insua Bermúdez traballando na creación dun HORTO ESCOLAR.

A ANPA agradece a colaboración de tódalas persoas participantes neste obradoiro e emplaza a colaborar en nova data o 

LUNS 6, ás 16:30 h .

No Insua Bermúdez sumámonos á iniciativa pedagóxica de traballar un HORTO ESCOLAR.

No trimestre pasado unha mamá Bióloga, especializada en Plantas,  fixo uns Obradoiros sobre a Compostaxe e as Lombrices dirixidas a toda a comunidade escolar.

Neste Trimestre a ANPA, e as familias coordináronse para buscar material e man de obra para comezar a crear ese HORTO ESCOLAR.

Deixámosvos unha escolma de imaxes desta tarde onde mamás, papás e alumnado compartiron o nacemento do NOSO HORTO.

 

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 20 DE MARZO

 

SOLICITUDE:

Impreso de Solicitude debidamente cumprimentado e asinado polos dous proxenitores, (modelo ED550B) podes descargalo aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado (Seguindo os seguintes pasos: Solicitudes >Admisión>Crear)

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:

1. Fotocopias do libro de familia:

    - da folla de inscrición do neno/a.

    - da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.

    - da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro.

2. Fotocopia dos DNIs: 

    - do alumno (si o ten)

    - de ambos os dous proxenitores

3. Informe médico.

4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.

5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.

6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.

7. Tres fotografías tamaño carné

8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

NECESIDADE DE BAREMACIÓN

No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.

 

NORMATIVA

O proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024 ven regulado na seguinte normativa:

Decreto 13/2022, do 03 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

ORDE do 21 de outubro de 2022, polo que se desenvolve o decreto 13/2022. 

 

1ª CLASIFICATORIA DUATLÓN XOGADE CONCELLO VILALBA (Domingo 5 marzo ás 9:00 h )

CLASIFICATORIO DUATLÓN ESCOLAR VILALBA

DOMINGO 9:00 da MAÑÁ 5 MARZO 2023 Área da MADALENA.

 (Ata o luns 27 FEBREIRO para comunicar inscrición)

 

 

LUGAR COMPETICIÓN: en Vilalba, ÁREA RECREATIVA MADALENA

 

INSCRICIÓNSata o luns 27 de febreiro a través do profe Suso, con tempo para pasalas ao clube de Tríatlon San Ramón. Os deportistas do clube falade con Martín. No cole despois do luns non se admiten inscricións. Precisamos Nome Apelidos, Data de Nacemento e DNI se o tedes.

RECOLLIDA DORSAIS: Polo delegado do clube ( Martín) a partires das 9:00h, ata 20´antes de cada proba.

HORARIOS CARREIRA:

 CONTROL DE MATERIAL.Será obrigatorio identificarse cun documento oficial con foto na entrada do control Os/as deportistas presentaranse na entrada do control de material identificados, levando xa todos os dorsais colocados (corpo/bici/casco) e o casco posto e abrochado. 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis       ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos, o tapón das manetas e o casco posto, que non se mova).No manillar miran que os tapóns das manetas teñan os extremos pechados. Recoméndase bicicleta de marchas.

SAÍDA Dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, os oficiais e persoal de organización indicarán cando deben pórse na liña de presaída .

CHEGADA A META Unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de post-meta onde se lles entregará o avituallamento, continuarán o camiño para saír da zona de post-meta e irán recoller a bicicleta para abandonar a zona. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, evitando aglomeracións ou reunións grupais tanto antes como despois e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba. Premios Medallas aos/ás tres primeiros/as da clasificación individual en cada categoría e sexo.

·        

Hora de remate das probas áo  rematar entrega trofeos aos 3 primeiros atletas de cada categoría.

·        

Entrega de trofeos individuais: 13:30h. De conseguir trofeo, deberá quedarse á entrega baixo multa de 50 €

 

Material Necesario:IMPRESCINDIBLE BICI con marchas, se podes conseguir unha de carreiras moito mellor, CASCO, DNI ou documento acreditativo e GANAS de rematar a carreira..

 

Apuntarse é libre, voluntario e unha responsabilidade.  Aqueles que se inscriban e non acudan obrigan ao clube a pagar unha multa por non asistencia, igual que se non sube ao podium, multa de 25 a 50 euros, que se lle pasará ao que non asista.

 

Sobra dicir que se esixe bo comportamento durante a proba, reservamos o dereito de non inscribir ao que non garde as normas de conduta e respecto.

 

Grazas e animádevos.

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR: RESULTADO VOTACIÓNS

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

RESULTADO VOTACIÓNS 

 

Unha vez feito o reconto das votacións para a elección dos membros para o Consello escolar, os resultados foron os seguintes:

 

PROFESORADO:

1º Judith Santos Sousa

2º Silvia Castelo Bouza

3º Ana Rábade Fernández

 

NAIS E PAIS DO ALUMNADO:

1º M. Rosario González Vázquez

2º Jose Angel Castrelo Saavedra

3º Sonia Verdes Gil 

 

 

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR: PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 

 

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS

 

Reunida a Xunta Electoral do CEIP Antonio Insua Bermúdez e lidas as candidaturas presentadas no centro de cada sector representativo. A Xunta Electoral decide aceptalas todas por cumprir co legalmente establecido.

Quedan proclamadas como candidatas as seguintes persoas:

PROFESORADO

1. Silvia Castelo Bouza

2. Judith Santos Sousa

3. Ana Rábade Fernández 

 

 

 NAIS E PAIS DE ALUMNADO

1. Sonia Verdes Gil

2. Mª Rosario González Vázquez

3. Jose Angel Castrelo Saavedra

 

ENTROIDO 2023: ORDES DO MECO

Queridos alumnos/as e familias!

Nuns días dará comezo o entroido e un ano máis, o noso Meco encargarase de ambientar o noso centro. De luns a xoves, todos/as aqueles que queiran, terán que traer o complemento que o Meco lles indique. Este ano, como no anterior, as ordes estarán relacionadas co noso proxecto da biblioteca "Pintores do mundo".

venres 17, como xa fostes informados, participaremos no desfile polo que cada curso virá segundo vos informen os/as titores/as. 

 

ORDES DO MECO 2023

O CEIP Antonio Insua Bermúdez conmemora o Día contra o Cancro

Día contra o Cancro CEIP Antonio Insua Bermúdez

Conmemoración Día da Paz 2023 CEIP Antonio Insua Bermúdez

ADMISIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2023

 

Dende hoxe, día 3 de febreiro ata o próximo día 10, poderanse presentar as candidaturas para formar parte do Consello Escolar. 

Unha vez rematado este prazo, serán proclamadas as candidaturas o día 13, quedando os días 14 e 15 abertos a posibles reclamacións.

Ditas reclamacións serán resoltas o día 17

 

Vilalba, a 03 de febreiro de 2023

 

A DIRECCIÓN 

 

Campionato Provincial Campo a Través Lourenzá; DOMINGO 12 FEBREIRO 2023

 

Circuito Lourenzá Cores

• DATA e LUGAR da PROBA: DOMINGO 12 febreiro de 2023 no Campo de Fútbol de Lourenzá. https://www.google.es/maps/@43.4762124,-7.2956504,157m/data=!3m1!1e3.

TRANSPORTE: Saída diante do cole Insua 9:05 am, media hora viaxe. Volta entre as 13:30h e as 14:00h, confirmar volta no whastapp Suso 616 501003.

 -LISTADO INSCRICIÓNS: Descargar PDF con dorsais

CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIO APROXIMADO, segundo o ano de nacemento as categorías quedan como se mostra abaixo relacionando coa categoría, hora aproximada de saída e distancia, velas ao pé do circuíto.(Na cámara de chamadas 20 min antes)  Comezo oficial ás 11:00h resto probas aproximadas.

MUTUALIDADE: Tódolos participantes deben estar mutualizados. Tódolos Atletas, familiares e responsables están obrigados a coñecer o protocolo de parte de accidentes. 

INSCRICIÓNS: rematará o Luns 6 de febreiro ás 20:00h. Equipos clasificados (seis primeiros do cole en cada proba) O alumnado do cole que queira asistir avisará en hora de clase ao profe Suso ou fóra de clase ao whastapp.616501003

DORSAIS: entregaranse á chegada a Lourenzá despois de recollelos en secretaría.

EQUIPACIÓN e MEDALLAS: Os participantes deben levar equipación e camiseta do cole, para subir a recibir medallas pídese prestada chaqueta de chándal ou camiseta do cole. Ao rematar as carreiras haberá acto de entrega de medallas Individual e colectiva.

EQUIPOS: O alumnado que se inscriba no Clasificatorio deberá ter seriedade e ser responsable cos compañeiros de equipo. Se non vas vir, non te apuntes!. Se te puseche malo/a antes da proba, avisa por whastapp ao profe Suso 616501003.

RESULTADOS INDIVIDUAIS E EQUIPOS: Cando remata cada proba publícase a clasificación individual e por equipos na caseta de secretaría(nas gradas) se o equipo resulta con medallas non vos vaiades  e xuntádevos os dun equipo para cando sexa a cerimonia de medallas subir ao caixón rápido. Todo atleta debe saber a que equipo pertence.

Os equipos fixéronse por posición na preparatoria, cada equipo pode ser de mínimo 4 e máximo 6 integrantes, salvo en Cadete que o mínimo é 3 atletas. Puntúan os 4 primeiros atletas de cada equipo, reciben premio, se é o caso, tódolos atletas do equipo.

 

Atentamente o Equipo de Educación Física que agarda a vosa participación.

Infografía co Protocolo seguro XOGADE 2023 

Distribuir contido