Campionato Provincial Campo a Través Lourenzá; DOMINGO 12 FEBREIRO 2023

 

Circuito Lourenzá Cores

• DATA e LUGAR da PROBA: DOMINGO 12 febreiro de 2023 no Campo de Fútbol de Lourenzá. https://www.google.es/maps/@43.4762124,-7.2956504,157m/data=!3m1!1e3.

TRANSPORTE: Saída diante do cole Insua 9:05 am, media hora viaxe. Volta entre as 13:30h e as 14:00h, confirmar volta no whastapp Suso 616 501003.

 -LISTADO INSCRICIÓNS: Descargar PDF con dorsais

CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIO APROXIMADO, segundo o ano de nacemento as categorías quedan como se mostra abaixo relacionando coa categoría, hora aproximada de saída e distancia, velas ao pé do circuíto.(Na cámara de chamadas 20 min antes)  Comezo oficial ás 11:00h resto probas aproximadas.

MUTUALIDADE: Tódolos participantes deben estar mutualizados. Tódolos Atletas, familiares e responsables están obrigados a coñecer o protocolo de parte de accidentes. 

INSCRICIÓNS: rematará o Luns 6 de febreiro ás 20:00h. Equipos clasificados (seis primeiros do cole en cada proba) O alumnado do cole que queira asistir avisará en hora de clase ao profe Suso ou fóra de clase ao whastapp.616501003

DORSAIS: entregaranse á chegada a Lourenzá despois de recollelos en secretaría.

EQUIPACIÓN e MEDALLAS: Os participantes deben levar equipación e camiseta do cole, para subir a recibir medallas pídese prestada chaqueta de chándal ou camiseta do cole. Ao rematar as carreiras haberá acto de entrega de medallas Individual e colectiva.

EQUIPOS: O alumnado que se inscriba no Clasificatorio deberá ter seriedade e ser responsable cos compañeiros de equipo. Se non vas vir, non te apuntes!. Se te puseche malo/a antes da proba, avisa por whastapp ao profe Suso 616501003.

RESULTADOS INDIVIDUAIS E EQUIPOS: Cando remata cada proba publícase a clasificación individual e por equipos na caseta de secretaría(nas gradas) se o equipo resulta con medallas non vos vaiades  e xuntádevos os dun equipo para cando sexa a cerimonia de medallas subir ao caixón rápido. Todo atleta debe saber a que equipo pertence.

Os equipos fixéronse por posición na preparatoria, cada equipo pode ser de mínimo 4 e máximo 6 integrantes, salvo en Cadete que o mínimo é 3 atletas. Puntúan os 4 primeiros atletas de cada equipo, reciben premio, se é o caso, tódolos atletas do equipo.

 

Atentamente o Equipo de Educación Física que agarda a vosa participación.

Infografía co Protocolo seguro XOGADE 2023 

AdxuntoTamaño
CIRCUITO.jpg452.85 KB
Provisional InsuA pROVINCIALFolla-Inscricion para non federados.ods281.11 KB
infografia_SURNE.pdf110.86 KB
PROTOCOLO SEGURO DEPORTIVO XOGADE.pdf119.74 KB
202212_Poliza.pdf529.1 KB
Nota Campo Través CLASIFICATORIA Domingo12-02-23 Lourenzá.docx1.58 MB
Nota Campo Través CLASIFICATORIA Domingo12-02-23 Lourenzá.pdf515.32 KB
Listado_Inscritos_Provincial_Lourenzá.pdf555.79 KB