PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024 PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 20 DE MARZO
SOLICITUDE: Impreso de Solicitude debidamente cumprimentado e asinado polos dous proxenitores, (modelo ED550B) podes descargalo aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado (Seguindo os seguintes pasos: Solicitudes >Admisión>Crear)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE: 1. Fotocopias do libro de familia: - da folla de inscrición do neno/a. - da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo. - da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro. 2. Fotocopia dos DNIs: - do alumno (si o ten) - de ambos os dous proxenitores 3. Informe médico. 4. Fotocopia da cartilla de vacinacións. 5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico. 6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar. 7. Tres fotografías tamaño carné 8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.
INFORMACIÓN IMPORTANTE - Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. - O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. - O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.
NECESIDADE DE BAREMACIÓN No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.
NORMATIVA O proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024 ven regulado na seguinte normativa: - Decreto 13/2022, do 03 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. - ORDE do 21 de outubro de 2022, polo que se desenvolve o decreto 13/2022.
|
|||||||