MENÚ DECEMBRO

MENÚ NOVEMBRO

MENÚ OUTUBRO

8 OUTUBRO CARREIRA POPULAR DE XERMADE_INSCRICIÓNS ATA 4 AUTUBRO 23:00H

O Concello de Xermade organiza a XI Carreira Popular de Xermade. A proba organizaráse o Sábado 8 de Outubro de 2022 ás 17:15 horas, con saída e meta na Praza do Concello.

A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sin distinción de sexo ou nacionalidade. 

Inscrición: O prazo de inscrición pecharase o martes 4 de outubro as 23:59h.

Clica neste Enlace inscrición.

Retirada de Dorsáis: Os dorsáis retiraranse de forma anticipada o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba pola tarde na praza do Concello, ata 30’ antes da saída de cada proba.

Premios: 

  • Todos os participantes na proba absoluta recibirán un agasallo conmemorativo.
  • Na categoría dende Pitufos ata Infantil os participantes recibirán unha medalla conmemorativa. 
  • Non se farán clasificacións nas carreiras de Pitufos e Promoción.
  • Nas categorías Alevín ata Máster-C: trofeo para os tres primeiros de cada categoria e sexo.
  • A entrega de premios será na Praza do Concello de Xermade e comezará, aproximadamente, ás 18:50h. (no caso de que o tempo non o permita será dende o pabellón polideportivo)

 

Imaxe da fermosa medalla para tódolos participantes ata infantil.

MATERIAL EF, AUTORIZACIÓN XOGADE E EQUIPACIÓN INSUA BERMUDEZ DEPORTE ESCOLAR XOGADE 22-23

Equipacion Insua 22-23

Equipación dispoñible do Equipo Deportivo XOGADE INSUA BERMÚDEZ con prezos actualizados no 22-23.

Mínimo obrigatorio para participar en Campo a Través e Atletismo, camiseta identificativa do clube. O ideal sería tamén unha  sudadera ou un chandal para os podiums.

Prezos, modelos e deseños válidos salvo erro gráfico. Consultar coa Tenda CUSTOMIZE de Vilalba.  

Autorización XOGADE 22-23 de 2º a 6º e ESO

Autorización para o Alumnado de 2º a 6º de Primaria que poida participar en XOGADE 22-23 para poder inscribulos no panel de xestión de XOGADE e MUTUALIZALOS. Recomendable que todo o mundo o entrege asinado , Se o temos cuberto non obriga a participar pero facilita que en caso de querer participar non teñamos problemas para inscribilo.

 

Material EF INSUA BERMÚDEZ INFANTIL 22-23 Material EF INSUA BERMÚDEZ PRIMARIA 22-23

Modelos de Material Educación Física no curso 22-23. Á esquerda o MATERIAL EF de INFANTIL- Á dereita MATERIAL EF de PRIMARIA. 

 

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN EDIXGAL FAMILIAS 5º CURSO PRIMARIA 22-23 do CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ. MANUAL PARA FACER SEGURO.

Ola, FAMILIAS do INSUA BERMÚDEZ no Curso Escolar 2021-22.

 

Gif animado EDIXGAL Familias Insua Bermudez 22-23

Suso, o coordinador de EDIXGAL no Insua Bermúdez. presentavos ás familias de 5º curso inmersas no proxecto EDIXGAL as novidades máis destacables.

 

O primeiro que notáchedes foi que este curso en 5º de Primaria non haberá libros de texto en mochilas repletas. Ademaís seguro que os vosos nenos e nenas estarán moi contentos con esos portátiles novos que están a espera de repartirse nestes 15 días de comezo de curso. Algún destes portátiles do Programa que inclúe pantalla táctil, lapis dixital, cargador e bolsa de transporte acolchada.

 PCS EDIXGAL

Vouvos deixar un folleto en PDF que explican varios aspectos do proxecto. LEDE CON ESPECIAL CALMA O FOLLETO DE INFORMACIÓN PARA FAMILIAS.

 

Logo de ver os videos e ler con calma o Folleto de Información para Familias, podedes consultar calquera dúbida conmigo a través das canles que van na mensaxe ABALAR e tratarei de resolvelas o mellor que saiba.

 

 

 

ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES A TER EN CONTA

 

Nesta semanas de setembro asignaremos os portátiles a cada neno e xerarase un DOCUMENTO CONTRATO PERSONALIZADO DE CESIÓN cun número de serie e alumno/a asignado, que deberá vir asinado pola familia que será a responsable. Sen documento non se entrega portátil.

O Portatil, cargador, lápis e bolsa CÉDENSE ao alumnado e as FAMILIAS responderán dos danos, perda ou rotura de calquera dos elementos en cesión, deberán devolverse no mesmo estado de funcionamento e aspecto que tiñan á entrega.

Os nenos terán os libros libros de texto de tódalas áreas de coñecemento no portátil, serán accesibles para as familias e tódolos días o pc irá para casa e deberanse responsabilizar de traelo cargado ao día seguinte.

Terán acceso a unha plataforma dixital de contidos similar á AULA VIRTUAL, chamada EVA (Entorno Virtual de Aprendizaxe) moi completa, con contidos elaborados por varias editoriais: NETEX, EDEBÉ , AULA PLANETA, PEARSON...

O ordenador na Aula terá acceso a Internet automático, na casa pode traballarse con e sen wifi. vinculando á rede da casa e introducindo o contrasinal da vosa rede WIFI.

Deberiades pensar seriamente na posibilidade/necesidade de contratar un SEGURO voluntario de 49€, que protexa sobre accidentes que non entran na garantía normal do aparato. Pensade que a reparación dunha pantaia táctil rota pode supoñer sobre uns 400€. E sede conscientes ademais que o seguro da consellería non cubre: perda, roubo ou o lápis e a punta do mesmo. A CONSELLERÍA  cubre a oferta que as compañías de seguros evitan ao ser unha cesión, non sodes propietarios e non querer asegurar. Ofrece o servizo exclusivamente ao alumnado cunha póliza anual que se contrata a través do teléfono 881 505 136.  Valorade vós a vosa mellor opción. Pagar 49€ e que non pase nada é unha perda de cartos, pero arranxar unha carcasa, unha pantaia táctil supera con moito esa inversión e este curso non temos o custo dos libros. O curso pasado romperon dous pc´s asegurados e repuxéronse sen custo para as familias afectadas.

Nos equipos non se pode modificar nin instalar ningún programa externo e os equipos non se poden compartir ou prestar a terceiras persoas.

Ao final de 5º e 6º curso os ordenadores devolveranse ao centro para revisión e actualización por técnicos de Edixgal, o alumnado en 6º curso voltará recoller o mesmo ordenador ata fin de sexto, momento no que rematará a cesión e a responsabilidade das familias sobre o portátil devolvendo pc. cargador, lápis e bolsa. 

 

SERVICIO DE ASISTENCIA INFORMÁTICA:  Existe un SERVICIO PREMIUM  EDIXGAL, 24 horas de luns a domingo, para resolver problemas informáticos por estas catro vías:   

A través do teléfono     881 86 99 00.

MANUAL FACER SEGURO  CLICA E DESCARGA O MANUAL

O correo electrónico    soporte.premium@edu.xunta.gal

WhatsApp 604 06 78 56

Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

IDE GARDANDO ESTES CONTACTOS NOS VOSOS CONTACTOS.

 

 Tódolos días da semana, incluída a fin de semana e o turno das noites, por iso as 24 h de cada día haberá alguén ao outro lado do teléfono para solucionar problemas informáticos ou incidentes co equipo ou plataforma EVA.

 

 

 

 

COMEDOR: MENÚ MES DE SETEMBRO

MATERIAL CURSO 2022/2023

ADMITIDOS SERVIZO MADRUGADORES

ORGANIZACIÓN 1º DÍA

Distribuir contido