1ª CLASIFICATORIA DUATLÓN XOGADE CONCELLO VILALBA (Domingo 5 marzo ás 9:00 h )

CLASIFICATORIO DUATLÓN ESCOLAR VILALBA

DOMINGO 9:00 da MAÑÁ 5 MARZO 2023 Área da MADALENA.

 (Ata o luns 27 FEBREIRO para comunicar inscrición)

 

 

LUGAR COMPETICIÓN: en Vilalba, ÁREA RECREATIVA MADALENA

 

INSCRICIÓNSata o luns 27 de febreiro a través do profe Suso, con tempo para pasalas ao clube de Tríatlon San Ramón. Os deportistas do clube falade con Martín. No cole despois do luns non se admiten inscricións. Precisamos Nome Apelidos, Data de Nacemento e DNI se o tedes.

RECOLLIDA DORSAIS: Polo delegado do clube ( Martín) a partires das 9:00h, ata 20´antes de cada proba.

HORARIOS CARREIRA:

 CONTROL DE MATERIAL.Será obrigatorio identificarse cun documento oficial con foto na entrada do control Os/as deportistas presentaranse na entrada do control de material identificados, levando xa todos os dorsais colocados (corpo/bici/casco) e o casco posto e abrochado. 10min antes da cada proba os xuíces verifican a bicicleta e o casco obrigatorio no aparcamento de bicis       ( verifican estado do debuxo das rodas, os freos, o tapón das manetas e o casco posto, que non se mova).No manillar miran que os tapóns das manetas teñan os extremos pechados. Recoméndase bicicleta de marchas.

SAÍDA Dez minutos antes do comezo da saída, os/as deportistas iranse ordenando por dorsal na cámara de chamadas, mantendo sempre a distancia de seguridade, os oficiais e persoal de organización indicarán cando deben pórse na liña de presaída .

CHEGADA A META Unha vez que os/as deportistas pasen a liña de meta, dirixiranse, sen pararse, á zona próxima de post-meta onde se lles entregará o avituallamento, continuarán o camiño para saír da zona de post-meta e irán recoller a bicicleta para abandonar a zona. Todo o procedemento farase nun único sentido de circulación, evitando aglomeracións ou reunións grupais tanto antes como despois e mantendo sempre a distancia de seguridade co resto de deportistas e persoal da proba. Premios Medallas aos/ás tres primeiros/as da clasificación individual en cada categoría e sexo.

·        

Hora de remate das probas áo  rematar entrega trofeos aos 3 primeiros atletas de cada categoría.

·        

Entrega de trofeos individuais: 13:30h. De conseguir trofeo, deberá quedarse á entrega baixo multa de 50 €

 

Material Necesario:IMPRESCINDIBLE BICI con marchas, se podes conseguir unha de carreiras moito mellor, CASCO, DNI ou documento acreditativo e GANAS de rematar a carreira..

 

Apuntarse é libre, voluntario e unha responsabilidade.  Aqueles que se inscriban e non acudan obrigan ao clube a pagar unha multa por non asistencia, igual que se non sube ao podium, multa de 25 a 50 euros, que se lle pasará ao que non asista.

 

Sobra dicir que se esixe bo comportamento durante a proba, reservamos o dereito de non inscribir ao que non garde as normas de conduta e respecto.

 

Grazas e animádevos.

 

AdxuntoTamaño
NotaClasificatoriaXogadeDUATLÓN ESCOLAR domingo5_03_23Vilalba.docx1.13 MB
NotaClasificatoriaXogadeDUATLÓN ESCOLAR domingo5_03_23Vilalba.pdf303.59 KB
BORRADOR REGULAMENTO DE VILALBA 2023.pdf186.99 KB