Novas
Aviso desde a Biblioteca
Enviado por A Maía o Xov, 28/09/2017 - 10:50pmEstimados pais/nais:
Durante este curso escolar, os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria estréanse como usuarios autónomos da Biblioteca Escolar. Aínda que xa fixeron uso dela durante a súa etapa de Infantil acompañados polo profesorado, a partires de agora poden visitala durante os recreos e facer uso do servizo de empréstito a domicilio. Por este motivo, e para un mellor funcionamento do mesmo, pregámoslles fagan un seguimento dos libros que levan para a casa, intentando que os devolvan dentro do prazo indicado nunha das primeiras páxinas. Asi mesmo intentaremos que os coiden e respecten como un ben común a ser disfrutado por todos/as.
Agardando que nos beneficiemos deste e outros servizos da biblioteca, reciban un cordial saúdo.
O Equipo da Biblioteca Escolar.
RECORDATORIO SOBRE ENTRADAS E SAÍDAS
Enviado por A Maía o Ven, 22/09/2017 - 10:18am
Estimadas nais, pais, titores legais, familias,
O vindeiro luns 25 o alumnado de 4º de educación infantil iniciará a xornada lectiva en horario completo, porén e para evitar aglomeracións e atascos innecesarios facémosvos unha serie de recomendacións:
· O alumnado que ten concedido o servizo de transporte escolar deben estar puntuais na parada asignada, onde serán recollidos polas acompañantes de transporte para axudalos a subir ao autobús. Os pais, nais, titores, familiares, etc., non poden acceder ao interior do autobús.
· O alumnado usuario do servizo Bos Días, será entregado no centro polas monitoras do servizo.
· Ao alumnado que vén coa súa familia e/ou responsables directamente ao centro, prégaselle puntualidade. A puntualidade é un valor formativo que hai que traballar día a día.
· O alumnado pode acceder directamente á zona de espera (porche) pero as familias esperarán no inicio da rampla ata que soe o timbre de entrada.
· Os familiares e/ou responsables do alumnado non poderán acceder ao aulario de Educación Infantil salvo por autorización expresa dun mestre ou mestra.
· A saída será uns minutos antes de que soe o timbre, e na zona asignada a cada grupo na zona do porche.
· En caso de que teñan que a recoller os vosos fillos antes do remate das clases, terán que avisar ao titor/a e asinar no libro de rexistro de saídas durante o horario lectivo.
· O portalón de entrada debe estar despexado para que o alumnado poida acceder ao centro sen dificultade, este abrirase no momento no que chegue o primeiro autobús (8:50h.) para permitir o acceso do alumnado. Antes desa hora non se pode acceder ao centro.
· Por último lembren que tanto no paso de peóns coma na dársena está prohibido estacionar, é necesario que permanezan libres estas zonas para que circulen con fluidez os autobuses e tamén para minimizar o risco de posibles accidentes. No paso de peóns atendan ás indicacións da patrulla escolar.
GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN
Setembro 2017
A Dirección
HORARIOS DE RECOLLIDA NAS PARADAS DE AUTOBUSES
Enviado por A Maía o Mér, 20/09/2017 - 1:17pm
BUS nº 1
|
BUS nº 2 |
BUS nº 3 |
BUS nº 4 |
BUS nº 5 |
BUS nº 6 |
Aldea Nova→ 08:45h
Porto → 08:50 h |
Paseo Fluvial → 08:48h
|
Cortes→ 08:35h
A Condomiña→ 08:40 h
Tarroeira→ 08:45
Praza da Maía →08:50 h
|
Pedregal →08:45 h
Panadería Xallas →08:50 h
|
Praza da Maía→ 08:40 h
Panadería Xallas → 08:45 h
|
Centro Médico→ 08: 45 h
Gadis →08:50 h
|
REUNIÓN INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS DE ALUMNADO DE 5º e 6º DE INFANTIL
Enviado por A Maía o Lun, 11/09/2017 - 10:20pmAviso de reunión:
Quedan convocados as nais/pais/titores legais do alumnado de 5º e 6º de infantil para unha reunión informativa coa titora ou titor correspondente. Ten por obxectivo clarificar diferentes aspectos relacionados co curso 2017-18. Moitas grazas.
Data: 19 de setembro (martes)
Hora: 17:00 h.
Lugar: nas aulas de cada alumno/a
O Equipo de Ed. Infantil.
REUNIÓN INFORMATIVA PARA NAIS E PAIS DE ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA
Enviado por A Maía o Ven, 08/09/2017 - 4:58pmAviso de reunión:
quedan convocados as nais/pais/titores legais do alumnado de 5º curso de educación primaria para unha xuntanza co profesorado titor dos seus fillos/as.
Data: 14 de setembro (xoves)
Hora: 16:30 h.
Lugar: Biblioteca do centro
Daráselles información sobre o proxecto E_Dixgal e o seu funcionamento nas aulas, así como información de interese para iniciar este curso 2017/18.
O profesorado de 5º de educación primaria.
Remate de curso en infantil
Enviado por A Maía o Ven, 16/06/2017 - 4:03pmComo nos dixo hoxe un pequeno, estamos na recta final, e para despedir o curso os alumnos de infantil van ter distintas actividades.
O luns terán uns obradoiros de xogos organizados polo Equipo de Extraescolares.
E o martes asistirán no escenario da Biblioteca á actuación do músico e actor Paco Nogueiras, da Compañía Brincavai.
Despois ao longo da semana cada un na súas aulas despedirá o curso ata setembro.
Esperamos que o disfruten!
Campaña solidaria de recollida de alimentos
Enviado por A Maía o Lun, 05/12/2016 - 2:22pmEstimadas nais, pais, familias,
Un ano máis pedimos a vosa colaboración para a campaña solidaria de recollida de alimentos. Dende o día 7 ata o 15 de decembro poderedes deixar as vosas achegas nas caixas dispostas para a recollida na entrada do centro. O venres 16 de decembro faráselle chegar ao personal de Cáritas Bertamiráns.
Lembrade que teñen que ser alimentos non perecedoiros.
Moitas grazas pola vosa xenerosa colaboración, entre todos podemos axudar!
Composicións de Outono e Samaín dos alumnos de 4º de primaria
Enviado por A Maía o Mér, 30/11/2016 - 11:39pm
Os alumnos e as alumnas de 4º de primaria realizaron estas composicións sobre o Outono e o Samaín.
Collages de Outono
Enviado por A Maía o Mar, 29/11/2016 - 9:13pm
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega, con motivo da celebración da entrada do Outono, acordou pedir a colaboración das familias para facer un "collage" de Outono en cada titoría. Para elo pediuse a achega dunha imaxe representativa do Outono, Magosto ou Samaín. Os titores recopilaron as imaxes e con todo o material aportado os alumnos e alumnas e elaboraron os seguintes collages:
Proxecto ELISA: Estudo Lonxitudinal para unha Infancia Saudable
Enviado por A Maía o Dom, 27/11/2016 - 10:05am
ELISA É UN ESTUDO LONXITUDINAL, PERO…QUÉ É ISO DUN ESTUDO LONXITUDINAL?
Un estudo lonxitudinal é un estudo que investiga a un mesmo grupo de xente de forma repetida ao longo do tempo (é dicir, hai varios momentos de avaliación ou recollida de datos). Polo tanto, ELISA vai estudar aos mesmos nenos/as durante varios anos.
Así, este ano ELISA vai empezar estudando ao grupo de nenos/as de entre 3 e 5 anos. O vindeiro curso, farase unha nova recollida de datos (seguimento 1) cando estes rapaces teñan de 4 a 6 anos. E por último, no seguinte curso, cando eses nenos/as teñan de 5 a 7 anos, farase outra avaliación (seguimento 2). Se esta primeira fase sae ben, o esperable é que o estudo teña maior continuidade ao longo dos anos.
POR QUE É IMPORTANTE UN ESTUDO LONXITUDINAL?
Cubrir varios cuestionarios e recoller información ao longo do tempo permítenos ver a evolución e o crecemento dos nenos/as e, polo tanto, axúdanos a ver o que inflúe de forma positiva ou de forma negativa na súa adaptación psicolóxica e social.
Podedes saber máis do proxecto no propio centro e nos seguintes enderezos:
http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/udipre/ELISA.html
https://www.facebook.com/proxectoELISA
Esperamos que esta información vos axude a acercarvos máis ao ELISA. Necesitamos da vosa participación, as melloras na calidade da educación fanse entre todos!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »