Orientación
INFOGRAFÍA CON RECOMENDACIÓNS PARA NENAS E NENOS CON TEA DURANTE O CONFINAMENTO
Enviado por Dirección do Centro o Sáb, 25/04/2020 - 8:20amCONSULTAS AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Enviado por Dirección do Centro o Xov, 23/04/2020 - 11:13am
Queridos alumnos, alumnas e familias:
No Departamento de Orientación estamos á vosa disposición para atender todas aquelas dúbidas ou consultas que nos querades formular neste tempo de confinamento. Podedes contactar con nós a través dos seguintes correos electrónicos:
conchymerayo@edu.xunta.es (Orientadora)
estelalopezvarela@edu.xunta.es (Especialista de Audición e Linguaxe)
mpicher@edu.xunta.es (Especialista de Pedagoxía Terapéutica)
ma.teresaperez@edu.xunta.es (Especialista de Audición e Linguaxe)
Protocolo de problemas de conduta.
Enviado por A Maía o Ven, 20/10/2017 - 10:54pm
O departamento de Orientación do Centro quere compartir con todos os membros da comunidade educativa este protocolo de problemas de conduta, con pautas e estratexias, e que podedes ler completo no PDF adxunto.
QUE ENTEDEMOS POR PROBLEMAS DE CONDUTA?
Entendemos por problemas de conduta os comportamentos que afectan negativamente a un mesmo e o contorno no que un vive (familia, escola, traballo, veciños) por romper as normas de convivencia e deteriorar o desenvolvemento persoal e social.
Moitos dos rapaces ou rapazas poden presentar algúns problemas conductuais; non obstante, só hai un problema de conduta importante cando a frecuencia e a intensidade destes síntomas provocan unha incapacidade ou deterioración importante na vida familiar, escolar e social.
Guía: "Axúdalle fronte ao acoso escolar"
Enviado por A Maía o Ven, 13/10/2017 - 6:57pmUnha guía fronte ao acoso escolar, elaborada pola SECCIÓN DE PSICOLOXÍA EDUCATIVA DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA, que o equipo de Orientación do Centro quere compartir coa comunidade educativa.
Presentación do blog de Educación Emocional
Enviado por A Maía o Xov, 31/03/2016 - 7:04pmHoxe presentamos un novo blog que xorde como froito dun grupo de traballo acerca da educación emocional,que pretende ir reflectindo a información que van recopilando en forma de enlaces, vídeos, comentarios e recomendacións de libros…
Chámase "EDUCANDO AS EMOCIÓNS CADA DÍA" e a partir de agora podedes atopalo na sección do departamento de Orientación e directamente tamén na de blogs do Centro.
Para acceder desde aquí premede na imaxe: