Horto escolar
Fresas na horta
Enviado por A Maía o Lun, 10/07/2017 - 2:37pmOs pequenos de infantil de 5ºA seguiron o crecemento das fresas que plantaron o ano pasado: viron aprecer as flores e cómo se iban transformando en froitos. E cando lles vían a cor axeitada recolléronas para comer na clase.
Os de 3ºB de primaria traballaron no mantemento (CLICAR) e ademáis plantaron na clase sementes de xirasois que despois transplantaron na horta. No enlace anterior podedes ver outras experiencias na horta que contaron no seu blog.
E tamén seguiron o crecemento dos maracuyas da entrada do colexio.
Patacas do horto escolar.
Enviado por A Maía o Sáb, 01/10/2016 - 8:26pmOs pequenos labregos de 4 anos fixeron estos días a colleita das patacas que plantaran en marzo no curso pasado. Despois preparáronas para asar no forno da clase e coméronas, seguindo así todo o proceso para coñecer de onde veñen os alimentos. Ler máis aquí+
Patacas no horto da Maía
Enviado por A Maía o Mér, 30/03/2016 - 7:08pmAntes das vacacións de Semana Santa, os pequenos de 3 anos de 4º A de Infantil foron ao horto e plantaron patacas greladas do país e unha variedade francesa de cor morado. Trátase dunha actividade de Coñecemento do Medio para que aprendan de onde veñen os alimentos. E pronto van levar unha sorpresa porque as patacas xa están asomando!.
Para ver máis premede na imaxe de abaixo que enlaza co blog de infantil.
visitando o horto do colexio
Enviado por A Maía o Ven, 16/10/2015 - 11:52pmAlgúns dos pequenos de 3 anos visitaron por primeira vez o horto escolar no que aínda quedaban algunhas fresas, millo, pementos e berenxenas que plantaran os rapaces que agora comezaron en primeiro cando estaban en 6º de Infantil...
Estas son algunhas fotos das colleitas anteriores. Os rapaces escribiron e decoraron as etiquetas cos nomes das plantas. E coas leitugas e os tomates cherrys fixeran ensaladas.
Con este proxecto do horto escolar, ademais de diverrtirse e facer "xornadas gastronómicas", os pequenos aprenderon de onde veñen os alimentos e sobre todo aprenderon a valorar o traballo dos agricultores.