Escolares

Día de Rosalía de Castro

Este é o marabilloso vídeo que realizou o alumnado e profesorado de 6º de educación primaria para conmemorar o Día de Rosalía. 

3º e 4º coa Tropa Trapalleira

Os alumnos e alumnas de 3º e de 4º fomos a Santiago ao teatro a ver a a tropa Trapalleira da compañía Bocaberta. A Tropa Trapalleira  presentounos o espectáculo "Pequena trapallada e algunha que outra batalla", unha serie de sketches cheos de color humor e gags físicos que nos fan reflexionar sobre o absurdo da guerra e a necesidade de empregar a tolerancia e a solución pacífica dos conflictos.

Rosiña, Laranxiño e Mariña: os tres personaxes que levan toda a carga do espectáculo representados por Carla, Beatriz e Roi

 Nos arquivos axuntos están as fotos dos rapaces cos tres actores despois do espectáculo.

arte e ciencia en 1ºC

Os alumnos e as alumnas de 1ºC fixeron estos días uns traballos que puxeron no corredor de primaria.

Mesturaron coñecemento do medio e arte cando fixeron estos ourizos con plastilina e cousas do outono.

Aquí visitaron a aula de experimentación e traballaron co esqueleto:

En este video están os cadros que fixeron despois de falar de pintores que coñecían:

 

 

 

Os esqueletos de 3º

  Os alumnos e alumnas de 3º A, B e C do Ceip A Maía pintaron,  recortaron, articularon e decoraron os esqueletos, relacionando así o coñecemento do corpo co Samaín.

 

Os duendes das follas

   Os alumnos e alumnas de 1º B de  fixeron estes duendes das follas empregando as cores do Outono para facer os traxes e poñéndolles as súas caras. E decoraron así a entrada da súa clase. 

 

Os esqueletos bailan no Samaín

Os alumnos e alumnas das tres clases de 2º crearon con bastonciños e pegamento estos divertidos esqueletos bailaríns para o Samaín.

   Aquí están os esqueletos bailaríns!

O alumnado de 3º de Educación Primaria visitou esta semana a Casa do Concello de Ames.

 

 O alumnado  estivo no salón de plenos da Casa do Concello acompañado do alcalde, José Miñones, e dos voceiros dos grupos municipais de PSdeG-PSOE, Blas García, Contigo Pódese, Genma Otero, e BNG, David Santomil. As autoridades municipais explicáronlle o traballo que se desenvolve no salón de plenos. Os rapaces puideron sentarse nas cadeiras que ocupan o rexedor e os edís durante os plenos.

Nas últimas semanas estiveron tratando nas aulas o funcionamento das entidades locais e o sistema de elección dos gobernos. Tamén están coñecendo máis polo miúdo o padrón e o censo municipal. Para darlle continuidade a esta aprendizaxe, organizouse unha visita á Casa do Concello de Ames. 

 

Os rapaces e rapazas tamén realizaron un pequeno percorrido polas dependencias municipais da Casa do Concello. O alcalde explicoulles o traballo que realizan os concelleiros/as do goberno municipal, así como as funcións que teñen cada un dos edís da corporación municipal cando se celebran os plenos. Asemade, José Miñones ensinoulles o bastón de mando que ten como alcalde de Ames. Antes de rematar a visita os rapaces e rapazas fixeron unha foto de grupo coas autoridades municipais na Casa do Concello.

visitando a depuradora e o rio sar

os alumnos de 6º visitaon o entorno do rio Sar ao seu paso polo concello de Ames e as instalacións da estación depuradora.

RAMÓN CARIDE E JAIME ASENSI NO NOSO COLEXIO

O escritor Ramón Caride, e o ilustrador Jaime Asensi, ademais de dous monitores da Asociación de familiares de Persoas con Trastorno da Comunicación Social de Ourense (ASPANAES), acompañaron na mañá do día 13 de decembro pasado ao alumnado e profesoras de terceiro curso de primaria que previamente traballaran o libro "O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas" 

Ramón Caride e Jaime Asensi contestaron ás numerosas preguntas que lles fixeron os nenos e nenas de terceiro sobre como naceu a propia historia e as ilustracións que a acompañan.

Despois da sesión cos nenos, Ramón e Jaime quedáronse para asinar un a un os libros de todo o alumnado, detalle que lles agradecemos ademais da súa presencia no noso colexio.

Moitas grazas Ramón, moitas grazas, Jaime.

 

2013-12-18 08.58.32B.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

  2013-12-18 08.58.18B.JPG

       2013-12-13 11.16.51B.JPG2013-12-13 11.57.44B.JPG
 

 

HOMENAXE A NELSON MANDELA

NELSON MANDELA OU A RECONCILIACIÓN NACIONAL

Nelson Rolihlahla Mandela (Mvezo, Unión de Sudáfrica, 18 de xullo de 1918-Johannesburgo, Gauteng, Sudáfrica, 5 de decembro de 2013).

Coñecido no seu país, Sudáfrica, como Madiba (título honorífico outorgado polos anciáns do clan de Mandela; tamén era chamado Tata), foi  político e avogado.

Despois de estar preso durante máis de 27 anos cumprindo cadea perpetua, Nelson Mandela foi liberado. Trala súa saída da cadea, o 11 de febreiro de 1990, Mandela traballou co entonces presidente de Sudáfrica, Frederik Willem de Klerk, liderando o seu partido nas negociacións para conseguir unha democracia multirracial en Sudáfrica, cousa que se conseguiu en 1994, coas primeiras eleccións democráticas por sufraxio universal.

Polo seu traballo en conxunto, tanto Mandela como de Klerk recibiron o Premio Nobel da Paz de 1993. Posteriormente Mandela gañou as eleccións e foi presidente de Sudáfrica desde 1994 ata 1999. A súa prioridade estivo na reconciliación nacional.

A súa última aparición pública foi o 11 de xullo de 2010 na final do Campionato Mundial de fútbol de Sudáfrica 2010. Finou o día 5 de decembro de 2013.

Vaia desde aquí a nosa pequena homenaxe a este gran home.

Homenaxe a Nelson Mandela2.jpg

 

Distribuir contido