Escolares

Árbores de Nadal de 4º

    Os alumnos e alumnas das tres clases de 4º fixeron estas árbores de Nadal con recortes de papel metalizado. Brillantes!

 

 

 

Os alumnos de 2º preparan o Nadal

   Traballos que fixeron os nenos e nenas de 2º de primaria para ir ambientando os corredores do colexio agora que se achega o Nadal.

Composicións de Outono e Samaín dos alumnos de 4º de primaria

  

    Os alumnos e as alumnas de 4º de primaria realizaron estas composicións sobre o Outono e o Samaín.

Truco ou trato con 2º de primaria

    Os alumnos e alumnas de 2º de primaria realizaron estos traballos para o Samaín empregando cantos materiais se lles ocurriron.

AVISO REUNIÓN 5º DE PRIMARIA

Ás familias do alumnado de 5º

    Os profesores titores de 5º de primaria convocan unha reunión informativa conxunta sobre o curso  E-DIXGAL.

    A continuación haberá unha reunión en cada titoría para tratar distintos temas de interese.

        DATA: 12 DE SETEMBRO

        HORA: 16:30

        LUGAR: BIBLIOTECA DO CENTRO

                                    Un cordial saúdo

                                               Os titores de 5º

Os títeres de 4º cos seus autores

    Nunha entrada anterior comentamos que os alumnos e alumnas de 4ºB e 4ºC estiveran facendo uns TÍTERES DE ESPUMA, empregando múltiples accesorios e grandes dosis de imaxinación. E, para que vexades con detalle o seu traballo aquí vos mostran cada un  a súa creación. Parabéns rapaces!

Os alumnos de 5º visitan Campolameiro e os muiños da Barosa

   Os alumnos e alumnas de 5º visitaron a ÁREA ARQUEOLÓXICA DO COMPLEXO DE CAMPOLAMEIRO, que conta coa reconstrución dun poboado da Idade de Bronce feito cos materiais orixinais da época e onde percorreron o parque para ver uns dos PETROGLIFOS mellor conservados de Europa no seu emplazamento orixinal. Despois participaron nun taller de cerámica para traballar co barro e facer as típicas pezas da época castrexa. Para saber máis de Campolameiro premer AQUÍ.

  Máis tarde visitaron O PARQUE DA NATUREZA DO RIO BAROSA, un espazo natural do norte do concello de Barro, na provincia de Pontevedra, que conta con 12 muiños (varios deles rehabilitados) con varias fervenzas nun desnivel  de máis de 60 metros. O rio Barosa acaba rematando no rio Umia. Para saber máis deste espazo natural premer AQUÍ.

MÁIS FOTOS DESTA VIAXE NO VIDEO:

Pés na rúa: excursión en bici de 4ºA

   Este venres os rapaces de 4ºA remataron o seu traballo de investigación dentro do proxecto "pés na rúa" cunha saída en bici polo contorno. 11 km de aventuras.

   Para saber como lles foi entrade no seu blog, premendo no icono á dereita, ou LER MÁIS AQUÍ +  

Amadriñamentos lectores entre 3ºC de primaria e infantil

    Durante a hora de ler, os alumnos de 3ºC fixeron de padriños e madriñas de lectura para os pequenos de infantil. No blog da Biblioteca tedes unha entrada con video sobre esta actividade tan interesente e coa que disfrutaron moito maiores e pequenos. LER MÁIS +

Aprendemos sobre o ADN con Ángel Carracedo e ademais, … “XOGANDO”!!!

    Para o alumnado e profesorado de Sexto, o pasado venres día 3 foi un día inesquecible!. Baixo a batuta de Ángel, chegamos ata a molécula máis importante dun ser vivo, a que contén toda a súa información xenética. Descubrimos o Libro da Vida das cereixas, do kiwi … Extraemos o seu ADN!!! … Que ben o pasamos!!!

 

     Moi posiblemente nuns pocos anos, algúns de nós,  como os equipos do doctor Carracedo, esteamos a traballar con moitos  Libros da Vida e descifrando os seus códigos  xenéticos. Polas combinacións das  súas letras (A, adenina; C, citosina; G, guanina e T, timina), saberemos das  características dunha vida e das mutacións dos seus xenes : axudaremos así a coñecer, a previr e a curar enfermidades!!!

 
        Namentres, ata ese día, seguiremos a aplicarnos a nosa particular lenda desas 4 letriñas: A (Amor pola ciencia), C (Curiosidade por saber), G (Gusto por traballar ), e T (Tenacidade para non rendirse).

   MOITAS GRAZAS Ángel, pola ilusión investigadora que sementaches en todos nós!!! … Ata o curso que vén, profesor Carracedo!!!

 

Distribuir contido