Saltar navegación.
Inicio

O alumnado de relixión e o Día da Paz

O alumnado de relixión preparou estes traballos para o día da Paz:

"A miña habitación": Exposición de maquetas de 6º de primaria

    Os alumnos e as alumnas de 6º fixeron una exposición coas maquetas que realizaron das súas habitacións. Tamén fixeron un mural no que explican o que representa para eles o seu cuarto. Un traballo creativo que reflicte emocións e sentimentos...

 

 

 

os alumnos de 6º de infantil representan o día da Paz

O día da Paz os alumnos de 6º A de infantil do Ceip A Maía recitaron o poema de Lao Tsé "Paz en los corazones"

  Os de 6º B de Infantil  recitaron unha versión feita por eles do poema de Gloria Fuertes "Si a la paz, no a la guerra"

E os de 6ºC infantil  representaron o conto " negros e brancos" de David Mackee

 

Presentamos o blog de 4º A de infantil

Hoxe queremos presentarvos un novo blog do colexio creado pola profesora Sara na clase de 4ºA de infantil e a partir de agora estará na sección Blogs do centro para compartir con vos as actividades e o día a día dos pequenos de 3 anos.

Sirva como presentación a que fai a propia Sara na cabeceira do blog:
 
   " Benqueridas familias.
Quero darvos a todos/as á benvida a esta nova aventura. 
 
Este blogue pretende ser unha fiestra a través da cal veredes unha pequena parte do noso día a día na aula: as actividades, as rutinas, as experiencias e os afectos e emocións que se van xerando e tecendo.
 
E con tal fin, aquí tedes unha pequena mostra do que se "coce" na nosa aula."
 
 
 
 

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

  Hoxe o noso Centro vai conmemorar con diversas actividades o DÍA  ESCOLAR  DA NON  VIOLENCIA  E  A  PAZ, para que os nosos alumnos aprendan valores: a tolerancia, a solidariedade, a comunicación, o respecto e a amizade fronte á violencia e o odio. Pero sobre todo para que os practiquen e que, fronte aos que se empeñan en crear muros que separan e dividen, eles e elas sexan capaces de levantar pontes que  nos unan...

   O himno do  Día Escolar da Non Violencia, (DENIP), "Irmáns das estrelas", do pacifist, poeta e educador LlorenÇ Vidal,  anima a todos a crear unha cultura de paz, sen diferenzas de raza, lingua, crenza ou maneira de pensar.

 

       Irmáns das estrelas,

       das montañas, do mar,

       de todos os seres vivos,

       unamos, para cantar,

       as nosas mans, aprendices

       de Amor, Non-violencia e Paz.

       Sen diferenzas de raza,

       de lingua nin de pensar,

       nun abrazo fraterno,

       unamos, para cantar,

       os nosos peitos, coa forza,

       de Amor, Non-violencia e Paz.

       Defensores da vida,

       sen armas para matar,

       cal cidadáns do mundo,

       unamos, para cantar,

       o noso alento, mensajeros

       de Amor, Non-violencia e Paz.

(LlorenÇ Vidal)

Máis información sobre o DENIP e LlorenÇ Vidal  AQUÍ

Plan de consumo de froita na escola

 

Un curso máis dende o CEIP A Maía acollémonos ao Plan de Consumo de Froita na Escola.

O obxectivo do plan é incrementar o consumo de froita e verdura así como os hábitos saudables dos nenos e nenas.

Os períodos nos que se levará a cabo o consumo son os seguintes:

·         1ª semana: Do 16/01/2017  ao  20/01/2017

·         2ª semana: Do 20/03/2017 ao 24/03/2017

·         3ª semana: Do 08/05/2017 ao 12/05/2017

As aulas participantes neste programa son todas as de educación primaria agás os grupos de 3ºB e 5ºB.

Agradecemos a vosa colaboración especialmente  nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos e fillas sobre a importancia do consumo da froita.

Dende os seguintes enlaces podedes acceder aos materiais e xogos deseñados para este programa, por si queredes tamén dende as vosas casas empregalos.


 El Frutijuego: El gran juego de las frutas y las verduras 


O Frutijuego é un símil da ruleta da fortuna no que se han de resolver 150 preguntas coa axuda do Libro Sabio das Froitas e as Verduras, que inclúe un total 53 fichas didácticas.


O Libro sabio de froitas e verduras en galego

El libro sabio de las frutas y las verduras en castellano 

El libro sabio de las frutas y las verduras en inglés 

                 
 Outros xogos de interese:

Acceso al juego flash del Alimentraining

Acceso al juego flash de la Batidora

 Acceso al juego flash del Caleidoscopio

 

 

AVISO IMPORTANTE

 En relación con feitos e actuacións observados durante estes días, informamoslles que está prohibido agarrarse ao cerre e enreixado que arrodea o centro, así como pasarlle cousas ao alumnado a través del; o profesorado que está de garda non pode saber si quen intenta pasarlle cousas ao alumno ou alumna é alguén da familia actuando de boa fe  ou non, polo que se verá na obriga de facerlles un apercibimento e poñelo en coñecemento da dirección, que tomará as medidas oportunas. Por favor,si se esquecen de darlles algo acudan ao persoal de conserxería para que llo fagan chegar ao alumno ou alumna. 

 Somos conscientes de que se trata de actuacións imprudentes, irreflexivas e, aínda que escasas, non as imos tolerar, recorden que educamos entre todos.

Atentamente.

Mª Isabel Abelleira B.

Directora

 

 

 

O Nadal polos alumnos de Relixión

Os alumnos e alumnas de Relixión celebramos o Nadal ambientando o colexio e a aula cos nosos traballos. Esperamos que vos gusten!. Bo Nadal"

En estos videos están algúns dos nosos traballos:

OS TRABALLOS DE INFANTIL:

Os alumnos de 1º fixeron os Beléns que están nos seus libros.

Os alumnos de 2º empregaron pratos para pintar o Portal de Belén e facer unha árbore de Nadal para a porta da clase:

Os alumnos de 3º debuxaron así o Portal de Belén:

   Os alumnos de 4º fixeron estas guirnaldas para a porta expresando os seus mellores desexos de PAZ, AMOR, IGUALDADE, CARIDADE, BONDADE E ALEGRÍA para todos.

 

Os alumnos de 5º tamén debuxaron estas velas co Neno Xesús para que a súa luz lles lembrase a todos o seu nacemento:

Os alumnos e alumnas de 6º fixeron estos debuxos do Portal de Belén:

E ademáis os de 5º e 6º construiron, con distintos materiais, estos Portais de Belén:

Entre outras cousas tamén prepararon o calendario de Adviento:

 

E, con todos estos traballos, queren desexarvos UN BO NADAL, FELICES  FESTAS E UN BO ANO 2017!

 

 

1º número do xornal de 4ºC

       Primeiro número do "Xornal da Maía", redactado e editado polos alumnos e as alumnas de 4ºC do Ceip A Maía ao longo do primeiro trimestre. Premer na imaxe da portada para ler o xornal.

Campaña solidaria de recollida de alimentos

 Estimadas nais, pais, familias,

Un ano máis pedimos a vosa colaboración para a campaña solidaria de recollida de alimentos. Dende o día 7 ata o 15 de decembro poderedes deixar as vosas achegas nas caixas dispostas para a recollida  na entrada do centro. O venres 16 de decembro faráselle chegar ao personal de Cáritas Bertamiráns.

Lembrade que teñen que ser alimentos non perecedoiros.

 

Moitas grazas pola vosa xenerosa colaboración, entre todos podemos axudar!

Distribuir contido