Prezadas nais, pais, familias,
Como todos os anos, os nenos e nenas do CEIP A Maía póñense ás ordes do Meco. Seguindo a temática das olimpíadas, estes son os mandadiños que deberán cumprir a semana que ven:
O luns para comezar,
con bañador, gorro ou lentes virás,
para poderte mergullar.
O martes
seguro que o pasarás mellor
cunha zapatilla de cada cor.
O mércores,
se un deporte queres practicar,
algo do teu equipo has de levar.
O xoves,
despois de tanto adestrar,
algunha venda vas precisar.
Lembrade que o venres deberán vir disfrazados igual cos do seu nivel, os titores e titoras xa enviaron Abalar coas indicacións do que se precisa. Aínda así, todo é voluntario.
Se o desexan, o venres poderán traer en vez da merenda habitual, algo típico do Entroido, para tomar na aula ou no recreo no momento da merenda.
Grazas pola vosa colaboración.