O luns 17 de xuño, ás 09:45 h, na biblioteca do CEIP A MAÍA, convocámosvos a unha reunión informativa coa Directora do IESP de Ames,Marisol Louro, na que se vos dará información sobre o paso do alumnado de 6º de educación primaria a 1º da ESO; así como se intentará dar resposta ás dúbidas e inquedanzas que vos poidan xurdir sobre o paso dos vosos fillos e fillas a esta nova etapa educativa.
Aproveitamos que estaredes aquí despedindo aos vosos fillos e fillas que marchan a Manzaneda e a continuación faremos esa pequena xuntanza.
Bertamiráns, 11 de xuño de 2019