Camiñando entre versos de Antón Fraguas polo paseo fluvial de Bertamiráns.
O alumnado de infantil e primaria de Ames, participaron nunha iniciativa para o Día das Letras Galegas, que partiu do equipo de normalización lingüística do Concello, a idea foi transformar o paseo fluvial de Bertamiráns nun CAMIÑO DE VERSOS, cunha escolma de versos do “Cancioneiro de Cotobade” de Antón Fraguas.
Escribimos sobre lousas os versos de Fraguas, decorámolas e pendurámolas das árbores e polo chan para que os veciños as desfruten nos seus paseos polo parque, unha das nosas premisas pedagóxicas é a aprendizaxe- servizo, é dicir, unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden ao traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo. Entendemos o aprendizaxe-servizo como unha metodoloxía para unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores: Aprender a ser competentes sendo útiles aos demais.
Neste enlace coa CRTVG está recollido o momento no que os nosos representantes colocaron as lousas e tamén o que dixeron sobre Antón Fraguas.
- blogue de A Maía
- APIs de Blogue