VI Xornadas de Educación Infantil e Primaria
Este sábado máis de 500 mestras e mestres de toda Galicia nos xuntamos no Auditorio de Abanca para asistir ás VI Xornadas de Educación Infantil e Primaria. O tema era "A escola que queremos". Estiveron David Bueno, doutor en Bioloxía e xenetista da Universidade de Barcelona que falou de educar coa sorpresa e o que dí a Neurociencia sobre a aprendizaxe. Susana Rodriguez Doutora en psicopedagoxía da Universidade da Coruña que presentou un informe do grupo de investigación de Psicoloxía educativa sobre os deberes escolares. Emilio Martín director da rede de centros en San Sebastián presentou o sistema Amara Berri. O equipo directivo do CRA Antía Cal de Gondomar falaron de escola Pública viva e activa. Camino Pereiro Directora do CPI de Monfero e finalista dos premios Abanca da mellor docente de España falou da súa experiencia personal como mestra e as dificultades que atopou. As mestras do Ceip de Tui presentaron o seu proxecto do patio dos seus soños e as do Cep de Redondela o de patios inclusivos para alumnos con TEA. E rematamos co coro de alumnos do IES Antón Fraguas no que Carlos Encisa demostrou que o que non pode faltar é a ilusión.
- blogue de A Maía
- APIs de Blogue