Un curso máis dende o CEIP A Maía acollémonos ao Plan de Consumo de Froita na Escola.
O obxectivo do plan é incrementar o consumo de froita e verdura así como os hábitos saudables dos nenos e nenas.
Os períodos nos que se levará a cabo o consumo son os seguintes:
· 1ª semana: Do 16/04/2018 ao 20/04/2018
· 2ª semana: Do 23/04/2018 ao 27/04/2018
· As aulas participantes neste programa son todas as de educación primaria agás os grupos de 4ºB e 6ºB.
Agradecemos a vosa colaboración especialmente nestas semanas de desenvolvemento do programa, falando cos vosos fillos e fillas sobre a importancia do consumo da froita.