AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA ED. INFANTIL

  O pasado 10-11-2017 o Concello de Ames publicou a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado do segundo ciclo de educación infantil (dos 3 aos 5 anos) para o curso 2017-2018. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 9 de decembro.
  

   As solicitudes poden ser presentadas tanto no rexistro xeral da Casa do Concello ou do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, como nas oficinas municipais no Milladoiro. As solicitudes tamén se poden presentar a través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello (https://sede.concellodeames.gal/es/).

    Para máis información, chamade ao teléfono 981 891 476, do departamento municipal de Educación.

    Os nenos levaron unha nota  con máis información sobre os datos necesarios para solicitar as axudas.