Outono/Samaín no Colexio A Maía
Dende finais de outubro, empezamos a pensar no outono, que este ano non da chegado polo sol que nos acompaña…Pero como a natureza cumpre seus ciclos… aquí estamos nos, un ano máis.
O departamento de Actividades Extraescolares propuxo facer unha mostra con cabazas e productos do outono. En estos videos que vos amosamos, están os traballos que os nenos de primaria e de infantil fixeron tanto nas aulas como nas suas casas, en colaboración coas familias, seguindo a pauta da creatividade e empregando diversos materiais relacionados coa época.
Extraescolares, en colaboración co Departamento de Biblioteca, decoraron o escenario cas follas realizadas nun taller de “pinturas de follas”.
Este taller tamén se realizou en titorias para decorar os corredores e ter unha ambientación outonal. Abaixo unha imaxe do escenario decorada polos alumnos de primaria e outra dos corredores coas follas de pasta de papel e as naturais dos de 6º A e 5ºC de infantil.
Outras titorías realizaron traballos como este land art de 5ºB de infantil e un mural estilo pop art de 5ºA infantil.
- blogue de A Maía
- APIs de Blogue