Pés na rúa: un traballo de 4ºA sobre mobilidade sostible e segura.
Hoxe presentamos un novo blog no colexio "PÉS NA RÚA": é o resultado do traballo que veñen realizando desde fai meses o alumnado e o profesorado de 4ºA. Trátase do programa de "Mobilidade sostible e segura", que desenvolve a Dirección Xeral de Tráfico a través do Plan Proxecta. Un tema moi interesante xa que o contorno dos centros escolares é o ámbito de maior perigo viario para o alumnado.
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, neste caso a DXT, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais.
Un dos primeiros pasos foi a carta que enviaron cando iniciaron o traballo:
E este é o logo que crearon na clase:
A partir de agora podedes seguir o blog premendo no icono na esquina superior dereita.
- blogue de A Maía
- APIs de Blogue