Saltar navegación.
Inicio

CIRCULAR INFORMATIVA VOTACIÓNS PARA A ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS

  • Votacións: martes 19 de novembro en horario de 16:30h a 19:30h.
  • Lugar: Biblioteca pequena do CEIP A MAÍA
  • Para participar na referida votación, tal como se sinalaba na citada Convocatoria, procederase da seguinte forma:

 

            1º.- Quen pode votar.

            Teñen dereito a votar todos  os pais, nais ou titores legais do alumnado matriculado no Centro que figure no Censo que ao efecto aprobou a Xunta Electoral. Tal dereito corresponde indistintamente ao pai e á nai, podendo votar ambos os dous.

 

            2º.- Modo de emitir o voto.

            a) O voto será directo, secreto e non delegable.

         b) Os modelos de papeletas e sobres da votación serán, obrigatoriamente, os previamente fixados pola Xunta Electoral do Centro, dos que haberá cantidade suficiente no local da votación.

          c) Nas referidas papeletas figurarán os nomes das candidatas, por orde alfabético de apelidos, e cada elector deberá marcar cunha cruz tres nomes.

        d) Para votar deben acreditar a súa personalidade no momento de votar mediante a exhibición do D.N.I. ou documento similar.

     e) Finalizada a votación procederase ao acto do escrutinio dos votos, que será público e, unha vez realizado, levantarase a correspondente acta.

            A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de acadar a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

 

                                                Bertamiráns, 15 de novembro de 2024

 

                                              A  PRESIDENTA  DA XUNTA ELECTORAL