Os alumnos/as de terceiro de E.Primaria visitaron o martes a casa do concello de Carballo, onde mantiveron un encontro co alcalde, Evencio Ferrero, e coa edila Milagros Lantes. Na visita puideron coñecer o funcionamento da Administración local, ademais de visitar a Oficina Técnica e as dependencias da Policía Nacional e a Policía Local. |
|||