Neste curso, estamos inmersos nun plan de formación permanente para implantar na nosa escola un proxecto baseado na idea orixinal do PROGRAMA TEI, “Titoría entre Iguais”, para mellorar a convivencia e previr a violencia e o acoso escolar. O seu autor é Andrés González Bellido.
Nun documento adxunto deixámosvos a información que se enviará ás familias nos próximos días. Tamén podedes consultar a páxina oficial do programa TEI, aquí.
|
|||||||