Axudas libros de texto

 

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, ACABA DE PUBLICAR A ORDE DO 28  DE MAIO DE 2014 QUE REGULA AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES ATOPAR TODA A INFORMACIÓN.

PREME AQUÍ.

 

HORARIO DE SECRETARIA

LUNS de 9:05 a 9:50 e os MÉRCORES e XOVES de 13:15 a 14:00.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 2 de xuño ao 2 de xullo, ambos inclusive.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

·       Impreso de solicitud ( anexo I)  e una fotocopia da primeira folla.

·       Fotocopia do DNI ou NIE ( só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade).

·       Libro de familia e fotocopia de todas as follas do libro

No caso de que non o teña ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

ü  Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

ü  Certificado ou volante de convivencia.

ü  Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

 No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2012:

ü  Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,

ü  Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez,

ü  Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

O alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a  certificación emitida polo órgano competente do grao de discapacidade, xunto coa solicitude da axuda