PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

O alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria conmemorou o Día da Paz e da Non Violencia participando na iniciativa "Plantando árbores con pinceis".

Mentres os nenos e nenas de 3º e 4º decoraron bolsas de tea desenvolvendo a súa creatividade, os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º pintaron un muro do patio cuberto. Para o desenvolvemento de ámbalas dúas actividades empregáronse pinturas fotocatalíticas, un produto innovador que axuda a purificar o aire das superficies nas que se aplica.

A temática escollida foi o medio ambiente e a paz, como emoción, que produce saber que facemos todo o que está na nosa man para coidalo.