UN ANAQUIÑO DE COLOMBIA NA CRISTINA

O papá de Martina, Carlos,  é de Medellín (Colombia) e a semana pasada, aproveitando que na aula de 5 anos están a traballar o continente americano, ensinounos algunhas cousiñas da súa terra. 

Primeiro, trouxo varias prendas típicas do país e vestímonos con elas.

Logo, convidounos a probar "augapanela", é dicir, auga con caña de azucre que precisa dunha cocción previa. Vimos un vídeo para aprender como se fai.

Deliciosa!

Moitas grazas, Carlos! Grazas por ser tan atento e por contarnos cousiñas tan maravillosas do teu país que nos permitiron coñecelo máis.