Este xoves o alumnado de 5º e 6º nivel de primaria visitou a exposición de fotografías titulada "Emocións en perigo", do artista londinense Tim Flach, nas instalacións de A Fundación en A Coruña. Para este proxecto, o autor fotografiou algunhas das especies animais máis ameazadas da Terra, algunhas icónicas e outras menos coñecidas, que se atopan en perigo de extinción. Creou retratos de animais cun estilo de representación que adoita asociarse con seres humanos, para salientar o seu carácter e personalidade. Despois da realización dunha actividade por grupos relacionada coa observación das fotos, puxemos rumbo á aula maker para facer un obradoiro con Scracht onde as especies animais tiñan que interactuar a través do diálogo.
|
|||