Canto trouleamos o martes celebrando o Samaín! Que disfraces máis terroríficos os da nosa rapazada! Despois do tempo de lecer celebramos o Magosto. Disfrutamos comendo castañas e xogando a todas aquelas actividades que nos propuxo a equipa de EDLG. O alumnado de terceiro tamén aproveitou a xornada para meter todas esas sensacións angustiosas na "Caixa dos Medos". Non obstante, o medo é unha emoción moi necesaria xa que nos permite reaccionar ante os perigos.
|
|||